Arquieparquía católica ucraína de Przemyśl-Varsovia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A arquieparquía de Przemyśl-Varsovia é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Ucraína en Polonia. En 2009 contaba con arredor de 30.000 bautizados. Dende 2015 o seu metropolita é Eugeniusz Popowicz.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua ucraína | ||||
Relixión | Uniatas (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Comparte fronteira con | Eparquía católica eslovaca de Bratislava, Suroeste Ukrainian Catholic Eparchy of Sokal – Zhovkva (en) , leste Arquieparquía católica ucraína de Lviv, sueste Ukrainian Catholic Eparchy of Sambir – Drohobych (en) , sueste Ukrainian Catholic Archiepiscopal Exarchate of Lutsk (en) , leste Apostolic Exarchate in the Czech Republic (en) , oeste Eparquía católica ucraína de Wrocław-Gdańsk, noroeste Greek Catholic Archeparchy of Prešov (en) , sur | ||||
Creación | 24 de maio de 1996 | ||||
Catedral | Cathedral of St. John the Baptist (en) | ||||
Páxina web | cerkiew.net |
A arquieparquía abrangue as rexións oriental e meridional de Polonia, aínda que os fieis de rito bizantino concéntranse nas rexións limítrofes con Ucraína. A propia sé arquiepiscopal, Przemyśl, atópase preto da fronteira.
En Przemyśl está a catedral de San Xoán Bautista, e en Varsovia a concatedral da Dormición da Virxe María. O territorio está dividido en seis decanatos e 85 parroquias.
A arquieparquía limita ao oeste coa súa sufragánea de Wrocław-Gdańsk, ao leste co exarcado arquiepiscopal de Lutsk e coa eparquía de Sokal-Zhovka, e ao sueste coa arquieparquía de Lviv e coa eparquía de Sambir-Drohobych. Tamén limita ao sur coa arquieparquía eslovaca de Prešov, ao suroeste coa eparquía eslovaca de Bratislava, e ao oeste co exarcado apostólico ruteno da República Checa.
O bispo ortodoxo de Przemyśl, Mykhailo Kopystenskyi, non aceptou a Unión de Brest de 1596.[1] Porén, logo do seu pasamento, o metropolita Ipatii Potii nomeou en 1610 a un bispo favorable á unión, Atanasii Krupetskyi.
En 1620 o patriarca de Xerusalén Teófanes III restableceu a metrópole ortodoxa de Kíiv baixo a súa xurisdición, nomeando como primeiro metropolita a Yov Boretskyi. Como bispo de Przemyśl, Teófanes consagrou a Isaia Kopynskyi, iniciándose unha sucesión de bispos ortodoxos paralela á de bispos católicos.
A eparquía ortodoxa entrou novamente en comuñón coa Igrexa Católica ao aceptar o bispo Inokentii Vynnytskyi a unión en 1691. Inicialmente a eparquía formaba parte da metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus.
O 22 de febreiro de 1807, por mor da bula En universalis Ecclesiae de Pío VII que separou a metrópole en dúas, pasou a formar parte da metrópole de Galicia.
O 10 de febreiro de 1934 cedeu parte do territorio para a creación da administración apostólica de Łemkowszczyzna, que deixou na práctica de existir logo da segunda guerra mundial.
Coa chegada do comunismo, os territorios da eparquía dividíronse entre a RSS de Ucraína e a República Popular de Polonia, e comezou a supresión forzada da Igrexa Católica Bizantina Ucraína. Na eparquía de Przemyśl, o seu bispo Yosafat Kotsylovskyi foi deportado á Unión Soviética, finando nun campo de prisioneiros en 1947. Canda el, tamén foi detido o seu auxiliar Hryhorii Lakota, quen foi martirizado en prisión en 1950. Ambos os dous foron beatificados por Xoán Paulo II o 27 de xuño de 2001.
Coa alarmante situación, o primado de Polonia August Hlond pediu permiso a Pío XII para organizar á Igrexa Ucraína en Polonia.[2] O papa nomeouno enviado especial para todos os grecocatólicos de Polonia o 10 de decembro de 1946. Logo do pasamento de Hlond, o seu sucesor Stefan Wyszyński nomeou o sacerdote grecocatólico Vasyl Hrynyk secretario para os grecocatólicos, e en 1967 vigairo xeral.[2]
O 2 de abril de 1977 o arcebispo maior de Lviv Yosyf Slipyi consagrou bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok a Ivan Khoma en Roma. Porén, Khoma permaneceu no exilio sen poder tomar posesión da sé.
En 1981 o primado de Polonia Józef Glemp creou dúas vigairías para os grecocatólicos en Polonia. Como vigairo do sur do país foi nomeado Jan Martyniak,[2] quen o 20 de xullo de 1989 foi nomeado bispo auxiliar de Przemyśl. En 1991 Khoma renunciou ao cargo, e Martyniak foi nomeado bispo de Przemyśl co restabelecemento das liberdades para os greco-católicos.
O 24 de maio de 1996 a sé foi elevada ao rango de arquieparquía, tomando o nome actual. O 1 de xuño de 1996 cedeu parte do territorio para erixir a eparquía de Wrocław-Gdańsk, pasando a ser sé metropolitana.
O 25 de novembro de 2020 tanto a arquieparquía de Przemyśl-Varsovia como a eparquía de Wrocław-Gdańsk cederon territorio para a creación da eparquía de Olsztyn–Gdańsk.
A partir de 1610 os bispos grecocatólicos foron os seguintes:
En 1691 o bispo ortodoxo aceptou a unión, unificándose as sés ortoxa e grecocatólica:
En 1946 Pío XII encarga a August Hlond atención aos grecocatólicos de Polonia:
Ao mesmo tempo, no exilio, Yosyf Slipyi consagrou un bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok:
Dende 1991 recupérase a normalidade na sucesión:
En 1996 elévase a sé ao rango de arquieparquía metropolitana:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.