político armenio From Wikipedia, the free encyclopedia
Armen Vardani Sarkissian (en armenio: Արմեն Վարդանի Սարգսյան)[1], nado en Iereván o 23 de xuño de 1953, é un físico, informático e político armenio. Entre o 9 de abril de 2018 e o 23 de xaneiro de 2022 foi Presidente de Armenia.[2][3][4] Tamén foi Primeiro ministro de Armenia dende o 4 de novembro de 1996 até o 20 de marzo de 1997 e anteriormente fora o embaixador do país en Londres dende 1998.
Sarkissian graduouse na Universidade Estatal de Iereván, dentro do departamento de física teórica e matemáticas. Foi membro da Academia Nacional de Ciencias de Armenia. Entre 1976 e 1984, exerceu como profesor de física na Universidade Estatal de Iereván e máis tarde converteuse en investigador visitante e logo profesor da Universidade de Cambridge.[5][6]
O 19 de xaneiro de 2018, o Presidente Serzh Sargsyan recomendou a candidatura de Sarkissian para a presidencia co apoio do Partido Republicano de Armenia. Tamén recibiu o apoio adicional do bloque da Federación Revolucionaria Armenia, así como o bloque parlamentario Tsarukian.
Foi elixido presidente por maioría da Asemblea Nacional de Armenia o 2 de marzo de 2018 con 90 votos dos 105 da cámara.[2] Sarkissian era o único candidato na elección.
Sarkissian tomou posesión do seu cargo o 9 de abril de 2018. A cerimonia tivo lugar no Complexo Karen Demirchyan, en Iereván.[9][10][11] Despois do acto visitou o panteón militar Yerablur, e deixou unha ofrenda floral no monumento xunto co ministro de defensa Vigen Sargsyan.[12]
O día de inauguración da presidencia, o goberno dirixido por Karen Karapetyan dimitiu e os partidos da Asemblea Nacional tivo unha semana para facer as súas propostas a primeiro ministro.[13] O antigo presidente Serzh Sargsyan foi nomeado de xeito unánime polos membros dos partidos en goberno o 16 de abril, e foi confirmado como primeiro ministro ao día seguinte.[14] Porén, a elección de Sargsyan como primeiro ministro foi recibida con protestas e manifestacións a grande escala, polo que aos seis días da súa toma de posesión dimitiu.[15] Karapetyan foi pouco despois elixido para actuar como primeiro ministro.[16]
Sarkissian visitou Tbilisi o 26 de maio de 2018 na súa primeira visita oficial no estranxeiro para participar no centenario da fundación da República Democrática de Xeorxia.[17] Durante a súa visita, reuniuse co seu homólogo xeorxiano Giorgi Margvelashvili, así como con Bidzina Ivanishvili e Sauli Niinistö.[18][19]
En xuño de 2018, Sarkissian propuxo cambios na constitución de Armenia para equilibrar o poder do presidente co do primeiro ministro.[20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.