Olimpia Milano
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Olimpia Milano, coñecido por motivos de patrocinio como EA7 Emporio Armani Milano, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Milán, a capital da Lombardía. Fundado en 1936 por Adolfo Bogoncelli, e actualmente propiedade de Giorgio Armani, é o club de baloncesto máis laureado de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa. Actualmente xoga na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, e na Euroliga.
AX Armani Exchange Olimpia Milan | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA / Euroliga |
Fundación | 1936 |
Historia | Dopolavoro Borletti (1936−1947) |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Pantaleo Dell'Orco |
Adestrador | Ettore Messina |
Patrocinador | EA7 Emporio Armani |
Localización | |
Cidade | Milán, Italia |
Pavillón | Forum di Milano |
Capacidade | 12 700 |
Inauguración | 26 de outubro de 1990 |
Campionatos | |
Euroliga | 3 (1966, 1987, 1988) |
Saporta | 3 (1971, 1972, 1976) |
Korać | 2 (1985, 1993) |
Liga | 29 (1936−1939, 1950−1954, 1957−1960, 1962−1963, 1965−1967, 1972, 1982, 1985−1987, 1989, 1996, 2014, 2016, 2018, 2022) |
Copa | 8 (1972, 1986, 1987, 1996, 2016, 2017, 2021, 2022) |
Suporcopa | 4 (2016, 2017, 2018, 2020) |
olimpiamilano.com |
As cores do uniforme habituais do Olimpia Milano son o vermello e o branco, e o equipo é ás veces coñecido como "Scarpette Rosse" (zapatos vermellos), isto é debido a que empregados do club importaban zapatillas Converse desa cor para os xogadores. Con todo, o club tamén é coñecido de diversos xeitos por mor dos seus patrocinadores, sendo os máis coñecidos Borletti, Simmenthal, Innocenti, Cinzano, Simac, Tracer, Phillips, Sony, Stefanel e o actual, Emporio Armani. O Olimpia Milano é o club italiano máis laureado, posuíndo nas súas vitrinas tres EuroLigas, vinte e sete Scudetti, seis Copas de Italia, unha Copa Intercontinental, tres Copas Saporta, dúas Copas Korać e outros moitos títulos menores. O equipo xoga os seus partidos coma local no Mediolanum Forum, un pavillón con capacidade para 12 700 espectadores.