Lega Basket Serie A
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lega Basket Serie A, oficialmente abreviada como LBA, coñecida por motivos de patrocinio como LBA UnipolSai, é a principal competición do baloncesto profesional italiano, onde os competidores enfróntanse para proclamarse o campión nacional. A tempada consiste nun almanaque de trinta partidos disputado a ida e volta, seguidos dunha serie eliminatoria na que se enfrontan os oito primeiros da fase regular. Os cuartos de final e semifinais son ao mellor de cinco partidos e a final ao de sete. Os dous últimos equipo clasificados na liga regular descenden á Serie A2 (segunda división).
Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Italian Basketball Federation (en) ![]() ![]() |
Liga superior | Euroleague Basketball ![]() |
Liga inferior | Serie A2 Basket ![]() |
Número de participantes | 16 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Italia ![]() |
Vixencia | 1920 – ![]() |
Calendario da tempada | outubro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | legabasket.it ![]() |
Fundada en 1920, a Lega é unha das competicións domésticas de baloncesto máis importantes, xunto con ligas como a ACB, a VTB, a BSL, a BBL, a HEBA ou a ABA, o que a converte nunha das competicións deste deporte máis importantes a nivel mundial. Ademais da Serie A, as outras dúas grandes competicións do baloncesto italiano son a Coppa Italia e a Supercoppa Italia, que enfronta a principios de cada tempada ao campión da Liga e ao campión de Copa nunha final a partido único.