Arcadia (utopía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Arcadia (do grego: Ἀρκαδία) era unha rexión da antiga Grecia, no territorio parcialmente coincidente coa actual unidade periférica de Arcadia. Co tempo, converteuse no nome dun país imaxinario, creado e descrito por diversos poetas e artistas, sobre todo do Renacemento e o Romanticismo. Neste lugar imaxinado reina a felicidade, a sinxeleza e a paz nun ambiente idílico habitado por unha poboación de pastores que vive en comuñón coa natureza, como na lenda do bo salvaxe. Neste sentido posúe case as mesmas connotacións que o concepto de Utopía ou o da Idade de ouro.
O tema participa nos mitos da Grecia antiga e era mencionado nos contos populares e nos discursos dalgúns sabios como exemplo de vida.
Entre os artistas occidentais que tocaron o tema de Arcadia nas súas obras atópanse Jacopo Sannazaro, Miguel de Cervantes, Lope de Vega, sir Philip Sidney, Nicolas Poussin e Friedrich Schiller.[1]