From Wikipedia, the free encyclopedia
A arca de Noé (hebreo: תיבת נח; hebreo bíblico: Tevat Noaḥ) é unha embarcación na que Deus salva a Noé, á súa familia e a unha parella de cada especie animal, da grande inundación relatada no libro da Xénese.[1] Deus transmítelle a Noé unhas instrucións detalladas para construír a arca. A historia describe como a arca navega a inundación e cando as augas baixan de novo, remata no cumio do Monte Ararat. A historia tamén aparece, con variacións, no Corán, onde a arca é chamada Safina Nuh (árabe: سفينة نوح).
A narración da inundación na Xénese é semellante a outros diluvios míticos noutras culturas diferentes. O máis antigo mito coñecido sobre un diluvio é o mito do diluvio sumerio atopado na Épica de Ziusudra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.