xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Aramides é un xénero de aves gruiformes da familia Rallidae que habitan en América, desde México a Arxentina, os seus membros reciben o nome común de cotaras en castelán ou saracuras en portugués.
Non deben ser confundidas coa familia Aramidae, que ten unha soa especie, Aramus guarauna, co que só teñen en común un nome similar.
A parte superior destas aves adoita ser de cor olivácea, as plumas das ás de cor castaña avermellada, as patas e o iris son avermellados, e o pico amarelo verdoso.
Son aves pouco ligadas á auga, de ambientes terrestres, que divagan entre os arbustos, preferindo correr que voar. Os seus cantos son fortes voces a dúo ou en coro. Parecen galiñas de pico longo. Balancean con rapidez a súa cola curta, erecta e xeralmente negra.
O xénero Aramides inclúe sete especies:[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.