Aquis Querquennis
campamento romano e mansión viaria nos Baños, Bande / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, é un complexo arqueolóxico constituído por un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia dos Baños (Bande). O campamento estableceuse no lugar para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. Estivo ocupado entre o último cuarto do século I d.C. e os anos 20 do século II d.C. A mansión-viaria era unha hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II - III d. C. No mes de setembro do ano 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural[1].
Complexo arqueolóxico romano Aquis Querquennis | ||
![]() Vista xeral. | ||
Parroquia: | Os Baños | |
Concello: | Bande | |
Provincia: | Ourense | |
Datas | ||
Ocupación: | O campamento: último cuarto do século I d. C ata os anos 20 do II d. C.
A mansión-viaria: séculos II-III d.C. | |
Escavación: | 1975 ata a actualidade | |
Estado actual: | Escavado | |
Superficie: | 2,5 hectáreas (campamento) | |
Véxase Tamén: Campamento romano da Ciadella | ||
Atravesa o lugar unha ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, coñecida como Ruta da Raíña Santa, nome debido á peregrinación realizada por Isabel de Portugal, no século XIV e seguida nos séculos posteriores por numerosos camiñantes. Tal ruta coincide coa citada calzada romana Vía Nova no seu tramo inicial ata Bande e está a ser reivindicada como "camiño xacobeo" por diversas asociacións da comarca.[2]
No lugar atópase o moderno Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, que alberga un museo e varias salas explicativas do complexo arqueolóxico.