From Wikipedia, the free encyclopedia
Anubis (do grego antigo: Ἄνουβις) é o nome grego do deus asociado coa momificación e co Alén na relixión do Antigo Exipto. Adoitaba ser representado como un cánido ou como un home con cabeza de cánido. Os arqueólogos identificaron o animal sagrado de Anubis co chacal dourado, mais recentes probas xenéticas indican que se trataba do lobo dourado africano.[2][3][4][5]
Anubis | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Deus da morte, momificación, embalsamamento e alén | ||||||
Representación de Anubis. | ||||||
Nome en xeróglifos | ||||||
Centro de culto | Licópolis, Cinópolis | |||||
Símbolos | gasa de momia, fetiche, chacal e mallo | |||||
Información persoal | ||||||
Pais | Nepthys e Set, Osiris (Imperio Medio e Novo), ou Ra (Reino antigo). | |||||
Irmáns | Wepwawet | |||||
Consorte | Anput, Nephthys[1] | |||||
Fillos | Kebechet | |||||
Equivalentes | ||||||
Equivalente grego | Hades ou Hermes |
"Anubis" é o termo grego adaptado do nome exipcio do deus.[6] No Imperio Antigo de Exipto (c. -2686 e c. -2181), a forma estándar do nome escrito en xeróglifos estaba composto dos sons ı͗npw seguido dun "chacal"[7] sobre un símbolo Hotep:[8]
Unha nova forma co "chacal" nun alto apareceu a finais do Imperio Antigo e fíxose común a partir de entón:[8]
Segundo a transcrición acadia nas cartas de Amarna, o nome de Anubis (ı͗npw) era vocalizado en exipcio como Anapa.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.