Angry Birds (videoxogo)
videoxogo de 2009 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Angry Birds é un videoxogo desenvolvido pola compañía finesa Rovio Mobile que comezou a franquía Angry Birds. Inspirado principalmente por un bosquexo de paxaros sen ás e estilizados, o xogo foi estreado para iOS e Maemo en decembro de 2009.[2][3] Dende entón, máis de 12 millóns de copias foron mercadas para iOS na App Store,[4] o cal levou á compañía a deseñar versións para móbiles intelixentes baseados en pantalla táctil, sendo as máis destacables Android, Symbian, Windows Phone e BlackBerry 10. Dende entón, o título espallouse a xogos de consola e de PC. A súa secuela, Angry Birds 2, foi estreada o 30 de xullo de 2015.
Angry Birds | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Rovio Entertainment |
Distribuidora(s) | Chillingo Clickgamer (versións iOS e PSP) Rovio Mobile |
Produtor(es) | Raine Mäki Harro Grönberg Mikko Häkkinen |
Deseñador(es) | Jaakko Iisalo |
Artista(s) | Tuomas Erikoinen |
Compositor(es) | Ari Pulkkinen |
Motor | SDL,[1] Box2D |
Lanzamento | 2009 |
Xénero | Crebacabezas |
Modos de xogo | Un xogador |
Serie | Angry Birds |
Na rede | |
rovio.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
No xogo, o xogador emprega un tirapedras para disparar paxaros ós porcos que están situados dentro ou arredor de diversas estruturas. O principal obxectivo é destruír tódolos porcos da pantalla. Conforme os xogadores avanzan no xogo, novos tipos de paxaros están dispoñibles, cada un coas súas habilidades especiais que poden ser activadas.