App Store (iOS)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A App Store é un servizo para o iPhone, iPod Touch, e o iPad, creado por Apple Inc, que permite aos usuarios buscar e descargar aplicacións, desenvolvidas co iOS SDK e publicadas por Apple. Estas aplicacións están dispoñibles para ser compradas ou gratuítas, dependendo de cada unha. As aplicacións poden ser descargadas directamente ao iPhone o ao iPod Touch por medio dunha aplicación do mesmo nome.
App Store | |
---|---|
Publicación inicial | 2008 |
Sistema operativo | iOS |
Plataforma/s | Tienda de software |
Sitio web | www |
Apple outorga o 70 % dos ingresos da tenda directamente ao vendedor da aplicación e o 30 % corresponde a Apple.[1] En 2017, Apple dixo que os desenvolvedores facturaran máis de 70 mil millóns de dólares a través da App Store[2].
O primeiro iPhone non tiña soporte para instalar apps adicionais ao que xa tiña, Apple recomendaba usar sitios web con HTML5 que utilizaría almacenamento local para suplir esta función.
Non obstante a empresa cambiou de parecer ao anunciar un kit de desenvolvemento antes do 10 de xullo de 2008 o cal foi a inauguración da App Store dentro de iTunes. As 500 aplicacións iniciais descargábanse de aí para seren transferidas ao iPhone; non obstante, a versión 2.0 do software do iPhone e o iPod Touch compatible coa nova tenda aínda non estaba dispoñible para ser descargada desde Apple Software Update, o que provocou que as aplicacións non puidesen ser instaladas. A versión 2.0 do iPhone OS foi lanzada o 11 de xullo de 2008 e as aplicacións xa puideron ser descargadas directamente dos dispositivos[3]. Para o 8 de xuño de 2009, xa existían máis de 50 000 aplicacións de terceiros oficialmente dispoñibles para o iPhone e o iPod Touch en App Store[4]. En menos dun ano desde o seu lanzamento, App Store superou os 25 mil millóns de descargas de aplicacións.