Anglosaxóns
From Wikipedia, the free encyclopedia
Anglosaxón é un termo que designa aos pobos xermánicos que invadiron o sur e o leste da Gran Bretaña, desde principios do século V ata a conquista normanda no ano 1066. A era anglosaxoa denota o período da historia inglesa entre aproximadamente o ano 550 e a conquista normanda.[1][2] Ademais, o termo é utilizado para denominar o idioma agora chamado Old English (en inglés), falado e escrito polos anglosaxóns e os seus descendentes en gran parte do que agora é Inglaterra e a parte sueste de Escocia entre mediados do século V e mediados do século XII.[3]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O monxe beneditino Beda escribiu a principios do século VIII identificando os ingleses como descendentes de tres tribos xermánicas:[4]
- Os anglos, que proviñan de Anglia (na Alemaña moderna); Beda escribiu que a súa nación chegaria íntegra a Gran Bretaña,[5] deixando as súas anteriores terras baleiras.[6]
- Os saxóns, que proviñan da Baixa Saxonia (na actual Alemaña; alemán: Niedersachsen) e dos Países Baixos.
- Os xutos, posiblemente de Xutlandia (na actual Dinamarca; dinamarqués: Jylland).
O seu idioma deriva do dialecto xermánico occidental «ingvaeonico» e evolucionou a partir do século XI ao inglés medio. O anglosaxón divídese en catro dialectos principais: o saxón occidental, o dialecto mercio, o dialecto northumbrio e o kéntico.