![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fe/Andrea_Dworkin_After_Dark_cropped.jpg/640px-Andrea_Dworkin_After_Dark_cropped.jpg&w=640&q=50)
Andrea Dworkin
feminismo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrea Dworkin, nada en Camden, Nova Jersey, o 26 de setembro de 1946 e finada en Washington, D.C. o 9 de abril de 2005, foi unha ensaísta estadounidense, teórica do feminismo radical. Foi coñecida sobre todo pola súa crítica da pornografía, que comparou coa violación e outras formas de violencia contra as mulleres.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1946 ![]() Camden (Estados Unidos de América) ![]() |
Morte | 9 de abril de 2005 ![]() Washington, D.C. (Estados Unidos de América) ![]() |
Causa da morte | doenza cardiovascular ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Bennington College (en) ![]() Cherry Hill High School West (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio, Estudos de xénero e feminismo ![]() |
Ocupación | ensaísta , activista polos dereitos das mulleres , xornalista , crítica literaria , novelista , escritora ![]() |
Período de actividade | 1966 ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | John Stoltenberg (1998–2005) |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Militante antibelicista e achegada ao anarquismo de fins dos anos 1960, Dworkin escribiu máis dunha decena de libros sobre a teoría e a práctica do feminismo radical. A finais dos anos 1970 e 1980, gañou sona nacional como portavoz do movemento feminista antipornografía e polos seus escritos sobre pornografía e sexualidade, particularmente polos libros Pornography: Men Possessing Women (1979) e Intercourse (1987), as súas dúas obras máis coñecidas.
A súa personalidade e as súas posicións categóricas sobre a sexualidade e a pornografía foron admiradas e aplaudidas por numerosas feministas, así como tamén foron o punto de mira de críticas, sobre todo por parte de feministas liberais.