Naturalista sueco e profesor de botánica, química e historia natural na Universidade de Lund From Wikipedia, the free encyclopedia
Anders Jahan Retzius, tamén coñecido como Anders Retzius, nado o 3 de outubro de 1742 en Kristianstad, condado de Escania, Suecia, e finado o 6 de outubro de 1821 en Estocolmo, foi un naturalista (químico, botánico e entomólogo) e cadedrático de Universidade sueco.[1]
Retrato de Retzius na capa dun dos seus libros | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1742 Kristianstad, condado de Escania, Suecia |
Morte | 6 de outubro de 1821 Estocolmo |
Lugar de sepultura | Solna cemetery (en) , SO 03 128 |
Residencia | Suecia |
País de nacionalidade | sueca |
Educación | Universidade de Lund |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, Micoloxía, zooloxía, química e xeoloxía |
Ocupación | químico, farmacéutico, botánico, entomólogo, cadedrático de Universidade |
Empregador | Universidade de Lund |
Membro de | |
Alumnos | Karl Adolf Agardh, Sven Nilsson, Carl Fredrik Fallén (en) e Johan Wilhelm Zetterstedt (pt) |
Lingua | sueco, latín |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Retz. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Retzius |
Familia | |
Cónxuxe | Ulrica Beata Prytz |
Fillos | Magnus Kristian Retzius, Anders Adolph Retzius. |
Irmáns | Magnus Retzius |
Parentes | Gustaf Retzius, son's son |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Retzius matriculouse na Universidade de Lund en 1758, obtendo o título de Philosophia Magister (Mestrado en Filosofía) 1766. Tamén recibiu fomación en farmacia. En 1766 obtivo un posto de docente de Química, e, en 1767, de Historia natural. Dez anos máis tarde (1717) obtivo o cargo de profesor extraordinario de Historia Natural, ocupando entónces distintas cátedras consagradas a esta disciplina, e ás de Economía e de Química até a súa xubilación en 1812.
Anders Jahan Retzius describiu numerosas especies de insectos e realizou importantes traballos sobre a súa clasificación científica. En 1782 Retzius foi elixido membro da Real Academia de Ciencias de Suecia. Foi tamén membro da Academia Leopoldina alemá, e da Accademia delle Scienze di Torino.
Casou con Ulrica Beata Prytz coa que tivo dous fillos,[1] Magnus Kristian Retzius, e o médico e biólogo Anders Adolph Retzius (1796-1860),[2] e o avó do tamén biólogo Gustaf Retzius (1842-1919). Entre os seus alumnos de cómpre citar ao botánico Carl Adolph Agardh (1785-1859), o zoólogo e arqueólogo Sven Nilsson (1787-1883), o botánico e entomólogo Carl Frederick Fallén (1764-1830) e o entomólogo Johan Wilhelm Zetterstedt (1785-1874).
Exerceu tamén unha grande influencia sobre o botánico Elias Magnus Fries (1794-1878), que chegou a Lund cando Retzius era xa vello.
A abreviatura Retz. emprégase para indicar a Anders Jahan Retzius como autoridade na descripión e clasificación científica en botánica.
A abreviatura Retzius emprégase para recoñecer a Anders Jahan Retzius como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.