activista e escritora mohawk (1906-1986) From Wikipedia, the free encyclopedia
Gertrude Moltke Bernard, tamén coñecida como Anahareo, nada en Mattawa, Ontario o 18 de xuño de 1906 e finada en Kamloops, na Columbia Británica o 17 de xuño de 1986, foi unha escritora, activista dos dereitos dos animais e conservacionista canadense do pobo mohawk. É coñecida pola súa influencia no escritor Archibald Belaney (Bufo Gris ou Grey Owl), que chegou a ser un dos primeiros defensores públicos do conservacionismo no Canadá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Gertrude Bernard 18 de xuño de 1906 Mattawa, Canadá (en) |
Morte | 17 de xuño de 1986 (79 anos) Kamloops, Canadá (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá |
Grupo étnico | Mohawk |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereitos dos animais e protección medioambiental |
Ocupación | autobiógrafa , ecoloxista , activista , activista polos dereitos dos animais |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Bufo Gris |
Premios
| |
Naceu no seo dunha familia mohawk iroquesa; a súa nai, Mary Nash Ockiping, era algonquina e o seu pai, Matthew Barnard, era algonquino e mohawk.[1] Medrou como unha muller independente que realizaba actividades reservadas ós homes. Os seus amigos coñecíana co alcume de «Pony».[2]
Cando tiña 19 anos, coñeceu a Bufo Gris, un cazador de peles de 37 anos que afirmaba ser medio apache,[3] que a convidou a acompañalo nas súas cazarías.[3] Casaron pouco despois nunha cerimonia anishinaabe, malia que non era legal, xa que Bufo Gris seguía casado coa súa primeira esposa, Angele Eguwan, unha ojibwa.[2]
Anahareo animou a Bufo Gris a deixar de poñer trampas e dedicarse a publicar os seus escritos sobre a vida salvaxe. En Pilgrims of de Wild (1934), Bufo Gris conta como a súa nova esposa iroquesa, salvando a vida e coidando de dúas crías de castor, o impulsou a cambiar a maneira de vivir e traballar pola protección da flora e da fauna.[4]
Xuntos tiveron dúas fillas,[5][6] unha delas Shirley Dawn (nada o 23 de agosto de 1932 e finada o 3 de xuño de 1984). A parella separouse en 1936.[5] Bufo Gris morreu en 1938, sendo un autor con grande éxito de vendas. Despois da súa morte, sóubose que non era apache como afirmaba, senón un inglés chamado Archibald Stansfeld Belaney.
Utilizando o nome de Anahareo, que Bufo Gris lle dera, Gertrude escribiu My Life With Grey Owl (1940) e, posteriormente, no best-seller Devil in Deerskins: My Life With Grey Owl (1972), no cal negaba que coñecese a verdadeira orixe de Bufo Gris. Escribiu que se sentiu doída ó descubrir o engano.[1] Despois da morte de Bufo Gris, Gertrude casou co conde Eric Moltke Huitfeldt. Tivo unha filla, Katharine.[6] Os 50 anos seguintes da súa separación de Bufo Gris, continuou o seu activismo dentro do movemento pola conservación da natureza e os dereitos dos animais. En 1979, Anahareo foi admitida na "Orde da Natureza", da Liga Internacional de Dereitos dos Animais con sede en París. Foi membro da Orde do Canadá en 1983.
O 17 de xuño de 1986, xusto un día antes do seu 80 aniversario, Anahareo morreu en Kamloops, na Columbia Británica (Canadá).[1]
No ano 1999, estreouse o filme biográfico Grey Owl, que relata a vida de Archibald Belaney, interpretado por Pierce Brosnan, e Anahareo, intepretada por Annie Galipeau.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.