Anacaona
gobernante taína na época de Colón / From Wikipedia, the free encyclopedia
Anacaona (do iñeri: Anakaona ‘incesable valor’)[1] nada en 1474[2] e finada en 1503, foi unha cacique taína de Quisqueya.[3] Gobernou o cacicado de Jaragua trala morte do seu irmán Bohechío e estaba casada co cacique Caonabo, quen gobernaba o cacicado de Maguana.[4]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1474 Cacicado de Jaragua |
Morte | 1504 (29/30 anos) Haití |
Causa da morte | homicidio, enforcamento |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal , compositora |
Lingua | Lingua taína |
Participou en | |
xullo de 1503 | Masacre de Jaragua |
Familia | |
Cónxuxe | Caonabo |
Fillos | Higüemota |
Irmáns | Bohechío |
Pechar
En 1503, Nicolás de Ovando, gobernador da illa, visitou Jaragua. Sospeitando que se estaba a xestar unha insurrección entre os xefes taínos, incluída Anacaona, Ovando deu a orde de que os caciques fosen capturados e queimados vivos. Anacaona foi enforcada.[5]