From Wikipedia, the free encyclopedia
Un exame xeral dos ouriños, tamén chamado análise de urina, consiste nunha serie de exames efectuados sobre os ouriños, constituíndo un dos métodos máis comúns de diagnóstico médico.[1][2] Un exame completo consta de varias determinacións: un exame macroscópico, un exame físico-químico, un exame microscópico e, se fose preciso, un urocultivo.[3] A análise física-químico pódese efectuar mediante tiras reactivas cuxos resultados se len de acordo ós cambios de cor.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Xa na antigüidade era común o diagnóstico de doenzas con base na observación dos ouriños. O método, denominado uroscopia, baseado na observación das propiedades organolépticas dos ouriños foi descrito por Galeno e a súa aplicación tivo lugar por moitos séculos no contexto da teoría do catro humores apoiada por Hipócrates.
Aínda que a tecnoloxía de análise química cualitativa e cuantitativa permitiu dende finais do século XIX a superación do método uroscópico, as propiedades organolépticas, tipicamente cheiro e cor, permiten aínda un diagnóstico inmediato de numerosas enfermidades.
Os ouriños son de cor amarela clara e en función da súa concentración pode adoptar unha coloración amarela clara, se está diluída, e amarela escura, se está concentrada; porén, pode ter unha aparencia turbia se nela existen células ou cristais. Se o paciente está a tomar certos medicamentos, os ouriños poderían ser tinguidos por eles.[4]
Cor | Mostra | Causas patolóxicas | Causas non patolóxicas |
---|---|---|---|
Amarelo intenso | Ouriños máis concentrados, existe bilirrubina directa ou urobilina. | Uso de tetraciclinas, fenacetina ou nitrofurantoína. Consumo de cenorias. | |
Avermellado | Hematuria, hemoglobinuria, mioglobinuria, porfirinas (porfirias) ou síndrome carcinoide. | Uso de fármacos ou colorantes como rifampicina, antipirina, anilinas, fenolftaleína ou vermello Congo. Consumo de remolacha. | |
Laranxa | Pigmentos biliares, bilirrubina, pirimidina. | Fenotiazinas, algúns antimicrobianos urinarios, uso de complexo B. | |
Marrón | Metahemoglobinemia, hematina ácida, mioglobina, pigmentos biliares. | Nitrofurantoína, levodopa, sulfamidas. | |
Pardo ou negro | Melanina, alcaptonuria (acedo homogentísico), hematuria, intoxicación por ácido fénico e os seus derivados, febre hemoglobinúrica do paludismo. | Levodopa, complexos de ferro, fenoles. | |
Azul verdoso | Intoxicación por fenol, infección por especies de Pseudomonas, trastornos de absorción de triptofano (usualmente congénitos), metahemoglobinuria, biliverdina. | Algunhas vitaminas, nitrofuranos, azul de metileno. | |
Branco-leitoso | Quiluria, piuria intensa, hiperoxaluria. | ||
Incolora ou transparente | Poliuria ou diuréticos. | Consumo elevado de auga pura. | |
Turbia | Piuria, fosfaturias, fecaluria. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.