Amazonis Planitia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Amazonis Planitia é unha das planicies máis suaves de Marte. Amazonis está situada entre Arcadia Planitia que queda ó norte, Elysium Planitia que fica ó oeste, ó sur pódese atopar Terra Sirenum e o leste está a rexión de Tharsis co inmenso Olympus Mons como primeira referencia, localízase sobre as súas coordenadas centrais que son 22,85° N 196,94° E[1], a planitia ten un diámetro medio de 2.372,21 km,[1] e presenta un relevo moi suave, así coma uns accidentes xeolóxicos moi suaves, redondeados e moi erosionados, ademais dunhas variacións de altitude extremadamente suaves.[2]
Datos rápidos Arcadia Planitia, Mapa topográfico de Amazonis Planitia. ...
Arcadia Planitia | |
---|---|
Mapa topográfico de Amazonis Planitia. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Planitia |
Rexión de | Marte |
Diámetro medio | 2.372,21 km[1] |
Altitude | ? |
Coordenadas | 22,85° N 196,94° E[1] |
Procedencia do nome | nome dun antigo accidente xeolóxico.[1] |
Pechar
O seu nome deriva dun antigo accidente xeolóxico, que a súa vez fai referencia ás Amazonas, a mítica raza de mulleres guerreiras.