From Wikipedia, the free encyclopedia
Elysium Planitia é a segunda maior rexión volcánica de Marte, despois dos Tharsis Montes. Está situada ó sur de Acidalia Planitia e Utopia Planitia, e ó norte de Terra Cimmeria, nas coordenadas 2,98° N 154,74° E[1]. No norte da rexión hai varios grandes volcáns, de norte a sur, Hecates Tholus, Elysium Mons e Albor Tholus. Outro gran volcán está situado no sur da rexión, o Apollinaris Mons,[2] que está na fronteira coa Terra Cimmeria. A parte de grandes volcáns, a Elysium Planitia ten moitas áreas con grandes e longas fendas, fisuras e fracturas, chamadas fossa ou fossae (plural) en Marte. Podemos citar ás Cerberus Fossae, Elysium Fossae, e Hephaestus Fossae.
No sur de Elysium Planitia pódense ver grandes extensións de terreo fracturado. As placas poden chegar a ter 7 km de diámetro e semellan un chan embaldosado, coma se fose un puzzle. Existen varias hipóteses sobre a formación é composición destes terreos da cunca de Elysium, algúns investigadores afirman que estas planicies estarían compostas por terreos de lavas de baixa viscosidade, mentres outros investigadores afirman que a súa orixe seria fluvial, restos de terreos drenados con altas concentracións de minerais ou lama viscosa. As planicies exhiben unha escachada e agretada superficie que algúns investigadores atribúen á fracturación de chans de lava e fallas de presión. Pero, os terreos de lama seca tamén amosan este tipo de superficie. A ausencia de cráteres que contrasta coa superficie moi craterizada que linda ó sur destes terreos, o que indica que o material destas planicies é relativamente novo.[3]
Nunha foto feita no 2005 pola Mars Express en Elysium Planitia, en concreto sobre a zona de Cerberus Palus, amosase o que podería ser unha gran zona cuberta de xeo de auga cincento. O volume de xeo está estimado que cobre unha área de 800 por 900 quilómetros cadrados, cunha profundidade duns 45 metros, dimensións e profundidade semellante á do Mar do Norte.[4] Pensase que estes xeos son os restos da auga e regueiros de lava procedentes da Cerberus Fossae e que teñen entre 2 a 10 millóns de anos de antigüidade. A superficie está fendida e escachada, coma se esas placas flotasen sobre un lago. Un cráter de impacto indica que as placas son 1 millón de anos máis vellas có material das fendas, o que tamén indica que a área solidificouse moito máis lentamente do que o faría se estivese composta por lava basáltica.[5] Ambas zonas, poderían ter un mecanismo común de formación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.