![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/82/Amalia_Domingo_Soler.jpg/640px-Amalia_Domingo_Soler.jpg&w=640&q=50)
Amalia Domingo Soler
escritora e activista polos dereitos da muller española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Amalia Domingo Soler, nada en Sevilla o 10 de novembro de 1835 e finada en Barcelona o 29 de abril de 1909, foi unha escritora e activista polos dereitos da muller. Está considerada unha importante figura do espiritismo español e da divulgación do mesmo. Traballou con diferentes médiums e publicou as comunicacións que recibían.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1835 ![]() Sevilla (España) ![]() |
Morte | 29 de abril de 1909 ![]() Barcelona (España) ![]() |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora , médium (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Novela e poesía ![]() |
Movemento | Feminismo e espiritismo ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Pechar
En Iberoamérica, España e Portugal é moi coñecida polo seu libro Memorias del padre Germán, ditado a un médium polo guía espiritual de Amalia, o padre Germán. Os seus escritos caracterízanse polo estilo poético e delicado.
Tamén se distinguiu pola súa fortaleza e valor en soportar os prexuízos da época sobre as mulleres, malia a súa saúde visual limitada.