Unha aluaxe[3] é a chegada dunha aeronave na superficie da Lúa. Isto inclúe tanto as misións tripuladas como as robóticas. O primeiro obxecto feito por humanos que logrou chegar á superficie da Lúa foi a misión Luna 2 da Unión Soviética, o 13 de setembro de 1959.[4]

Datos rápidos
Thumb
Thumb
  • Mapa interactivo coas localizacións de tódalas aluaxes exitosas na Lúa (enriba).

      Programa Luna (USSR)
      Chang'e 3 (China)

      Programa Surveyor (USA)
      Programa Apollo (USA)

As datas de aluaxe en Tempo Universal Coordinado. Agás as do programa Apollo, tódalas aluaxes foron non tripuladas.
  • Luna 2 foi o primeiro obxecto fabricado polo ser humano en chegar á superficie da Lúa (abaixo á esquerda).
  • Fotograma fixo dunha transmisión de vídeo, un intre antes de que Neil Armstrong se convertese no primeiro ser humano en pisar a superficie da Lúa, ás 02:56 UTC do 21 de xullo de 1969. Arredor de 500 millóns de persoas ollaron este evento en todo o mundo, sendo a maior audiencia televisiva dunha emisión en directo de tódolos tempos.[1][2]
Pechar

O Apollo 11 estadounidense foi a primeira misión tripulada en chegar á Lúa, o 20 de xullo de 1969.[5] Realizáronse outras seis aluaxes tripuladas (entre 1969 e 1972) e numerosas aluaxes non tripuladas, sen aterraxes suaves entre o 22 de agosto de 1976 e o 14 de decembro de 2013.

Até o presente, os Estados Unidos de América é o único país en conseguir enviar misións tripuladas exitosas á Lúa, sendo a última delas en decembro de 1972.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.