Hauts-de-France
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hauts-de-France[1] é unha rexión francesa. Creada a partir da reforma territorial de 2014 coa fusión de Norte-Paso de Calais e Picardía, a nova rexión entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016, tralas eleccións rexionais de decembro de 2015.[2] O Consello de Estado de Francia aprobou Hauts-de-France (Alta Francia) como novo nome da rexión no día 28 de setembro de 2016.[3] A rexión abarca unha área de máis de 31 813 km2 (12 283 sq mi) e contaba no 2015 cunha poboación de 6 009 976 habitantes.[4] A súa capital e cidade máis poboada é Lille.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Capital | Lille | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.995.292 (2021) (188,45 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 31.813 km² | ||||
Punto máis alto | Watigny (197 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Xavier Bertrand (pt) (2016–) | ||||
Órgano lexislativo | Regional Council of the Hauts-de-France (en) , | ||||
ISO 3166-2 | FR-HDF | ||||
Código NUTS | FRE | ||||
INSEE region code (en) | 32 | ||||
Páxina web | hautsdefrance.fr | ||||
O nome temporal de Nord-Pas-de-Calais-Picardie foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada[5] dos nomes das agora abandonadas denominacións rexionais de Norte-Paso de Calais e de Picardía.
O 14 de marzo de 2016, con suficiente anticipación á data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional aproba "Hauts-de-France" como o nome definitivo da rexión[1][5], supoñendo o abandono do nome provisional para o 30 de setembro de 2016.[3]
Ao igual que sucede coa rexión do Gran Leste, o nome de Alta Francia non contén referencia algunha á historia ou identidade da área, limitándose a describir a súa posición xeográfica dentro da Francia metropolitana.
A rexión linda con Bélxica (Flandres e Valonia ao nordeste), co canal da Mancha e o Reino Unido (Inglaterra ) ao noroeste, así como coas rexións galas do Gran Leste ao sueste, Illa-de-Francia ao sur e de Normandía ao sueste.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.