Alto da Groba
monte galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Alto da Groba é un monte situado entre as parroquia de Belesar (Baiona) e Mougás (Oia). Ten 662 metros de altura[1], e é o pico de máis alto da serra da Groba. Forma parte do sendeiro de gran percorrido GR58, máis coñecido como o Sendeiro das Greas pola gran cantidade de cabalos ceibes que viven na zona. No ascenso ao cumio existen dúas áreas recreativas, O Cortelliño e A Chan da Lagoa, dende as que se pode enxergar unha boa panorámica do Val Miñor e da entrada á ría de Vigo, entre outros puntos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Groba.