Altiplano do Tíbet
From Wikipedia, the free encyclopedia
O altiplano do Tíbet ou meseta tibetana é unha extensa e elevada meseta de Asia oriental que ocupa gran parte da Rexión Autónoma do Tíbet e da provincia de Qinghai, na República Popular da China, e da rexión india de Ladakh, en Caxemira. Ocupa unha área rectangular aproximada de 1000 km de largo por 2500 km de longo, e ten unha elevación media de 4500 metros. É chamada "o teito do mundo", pois é a meseta máis alta e grande do mundo, cunha área de 2,5 millóns de quilómetros cadrados de extensión.
Altiplano tibetano བོད་ས་མཐོ - bod sa mtho - 青藏高原 - Qīngzàng Gāoyuán | |
---|---|
Localización | |
Continente/s | Asia |
País/es | Bután, China, India, Nepal |
Coordenadas | 33°N 88°L |
Datos | |
Lonxitude | 2500 km |
Ancho | 1000 km |
O altiplano do Tíbet está rodeado por cadeas de montañas elevadas.[1] Limita ao noroeste coa cordilleira Kunlun, que a separa da conca do Tarim, e ao nordés coas montañas Qilian, que separa a meseta do deserto de Gobi. A meseta limita ao sur co val do río Yarlung Tsangpo, que flúe ao longo do pé do Himalaia, e pola extensa Chaira indoganxética. Ao leste e sueste, a meseta dá paso á xeografía con árbores e abrupta de montaña dos nacementos dos ríos Salween, Mekong e Yangtzé, na zona occidental de Sichuan. No oeste está rodeada pola curva da abrupta cordilleira do norte de Caxemira.