Río Mekong
río máis longo da Indochina / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mekong é o río máis longo e importante da Indochina e un dos maiores, non só de Asia, senón da Terra.
Datos rápidos Mekong, País ...
Mekong | |
---|---|
O Mekong en Chiang Saen | |
País | Tíbet China Myanmar Laos Tailandia Camboxa Vietnam |
Nacemento | Monte Guozongmucha (China) |
Lonxitude | 4.350 km |
Conca | ca. 750.000 km² |
Caudal medio | 16.000 m³/s |
Desembocadura | Mar da China Meridional |
Localización do Mekong no mapa. | |
Pechar
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Nace no Tíbet e despois dun percorrido de preto de 4.500 km desauga no sur de Vietnam, no mar da China Meridional, tras atravesar antes varios países: China, Laos, Birmania, Tailandia e Camboxa. Nas proximidades de Phnom Penh o seu ancho é de 3 km. O caudal do Mekong oscila entre 15.000 m3/s no período seco e os 60.000 m3/s na estación das chuvias. É navegábel desde Laos ao Vietnam e serve de fronteira entre Birmania e Laos, Tailandia e Laos, e nun curto treito do curso inferior Camboxa e o Vietnam.
É denominado polos vietnamitas Cửu Long, en tibetano Dza-chu, en chinés Lan-ts'ang Chiang (湄公河), e en tai Mae Nam Khong (แม่น้ำโขง).