![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/C%25C3%25BApula_almor%25C3%25A1vide_%2528Marrakech%2529_exterior.jpg/640px-C%25C3%25BApula_almor%25C3%25A1vide_%2528Marrakech%2529_exterior.jpg&w=640&q=50)
Dinastía almorábide
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Almorábides foron unha dinastía bérber do Sáhara que vivía entre o actual Senegal e o sur do Sáhara occidental[1]. Esta dinastía está emparentada coas tribos bérberes de Sanhaja e Lamtuna. Desde o século XI até o XII, a dinastía almorábide gobernou o Sáhara, parte do norte de África e parte da Península Ibérica.
Datos rápidos Himno, Localización ...
Himno | sen valor ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Capital | Azougui (en) ![]() Azougui (en) ![]() Marrakech (1062–1147) ![]() | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Lingua bérber ![]() | |||
Relixión | Islam ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1040 (Gregoriano) ![]() | |||
Disolución | 1147 (Gregoriano) ![]() | |||
Sucedido por | Imperio almohade ![]() | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía ![]() | |||
Moeda | Dinar ![]() | |||
Pechar
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7e/Almoravid_dinar_1138_631905.jpg/320px-Almoravid_dinar_1138_631905.jpg)
Baixo esta dinastía o imperio musulmán estendeuse sobre o actual Marrocos, Sáhara Occidental, Mauritania, Xibraltar, Tlemcen (en Alxeria) e gran parte do que hoxe son o Senegal, Malí, España e Portugal. Na súa maior extensión, o imperio ocupaba 3000 quilómetros desde o norte ao sur (a maior latitude de todos os tempos até a colonización española das Américas).