From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha alfombra é unha peza rectangular téxtil urdida ou tecida.
Polo xeral, as alfombras utilízanse en decoración de interiores, para facer máis fermosos os espazos e para facer máis tranquilo camiñar polo chan. As alfombras son máis quentes e suaves que os pisos duros como madeira, baldosa ou formigón. As alfombras poden ser de moitos tamaños diferentes, orixináronse en Asia Central, pero a idea da fabricación de máquinas foi inventada en Europa. A alfombra máis antiga coñecida foi atopada no ano 1947 nas escavacións en Siberia.
Hai dous tipos de alfombras diferentes: unha feita a man por métodos tradicionais e outra tecida a máquina. Isto explica a gran diferenza de estilo e prezo entre alfombras tradicionais e as modernas.
O termo "alfombra" úsase principalmente para describir os téxtiles colocados no chan, pero tamén para as expostas en vertical (habitual en Oriente Medio[1] e outras zonas de Asia), e provén do árabe al-hambal.[2] No islam, as alfombras úsanse como alfombras de oración, para que a xente se axeonlle cando rezan. Noutros idiomas como o inglés (carpet) deriva do italiano (carpire).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.