A alfa-sinucleína (α-sinucleína) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene SNCA do cromosoma 4.[1] Abunda no cerebro, e aparece en pequenas cantidades no corazón, músculo e outros tecidos. No cerebro, a alfa-sinucleína encóntrase principalmente nos extremos das neuronas en estruturas especializadas chamadas terminais presinápticos.[1] Dentro destas estruturas, a alfa-sinucleína interacciona cos fosfolípidos[2] e proteínas.[1][3][4] Os terminais presinápticos liberan mensaxeiros químicos chamados neurotransmisores, almacenados en vesículas sinápticas. A liberación de neurotransmisores envía sinais entre as neuronas e é fundamental para o funcionamento normal do cerebro.[1]
Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
Alfa-sinucleína |
---|
|
Estruturas dispoñibles |
---|
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
Lista de códigos PDB
- 1XQ8, 2JN5, 2KKW, 2M55, 2X6M, 3Q25, 3Q26, 3Q27, 3Q28, 3Q29, 4BXL, 4R0U, 4R0W, 4RIK, 4RIL, 4ZNN, 5CRW, 2N0A
|
---|
Identificadores |
---|
Nomenclatura |
Outros nomes
- SNCA, NACP, PARK1, PARK4, PD1, synuclein alpha
|
---|
Identificadores externos | |
---|
Locus | Cr. 4 q22.1
|
---|
|
---|
Padrón de expresión de ARNm |
---|
|
|
Máis información
|
|
---|
Ortólogos |
---|
Especies | |
---|
Entrez | |
---|
Ensembl | |
---|
UniProt | |
---|
RefSeq (ARNm) | |
---|
RefSeq (proteína) NCBI | |
---|
Localización (UCSC) | |
---|
PubMed (Busca) | |
---|
Pechar
Aínda que a función da alfa-sinucleína aínda non se comprende ben, os estudos realizados suxiren que exerce un papel na restrición da mobilidade de vesículas sinápticas, atenuando en consecuencia a reciclaxe de vesículas sinápticas e a liberación de neurotransmisores.[5][6][7][8][9][10][3] Unha idea alternativa é que a alfa-sinuceína se une á VAMP2 (unha sinaptobrevina) e estabiliza os complexos SNARE;[11][12][13][14][15] aínda que recentes estudos indican que a unión alfa-sinucleína–VAMP2 é esencial para a atenuación mediada pola alfa-sinucleína da reciclaxe de vesículas sinápticas, o que conecta estás dúas visións do seu funcionamento, aparentemente diverxentes.[3] Pode tamén axudar a regular a liberación de dopamina, un tipo de neurotransmisor que é esencial para controlar o comezo e a detención dos movementos voluntarios e involuntarios.[1]
A proteína alfa-sinucleína humana está formada por 140 aminoácidos.[16][17][18] Un fragmento de alfa-sinucleína, coñecido como compoñente non Abeta (NAC) do amiloide da enfermidade de Alzheimer, atopado orixinalmente nunha fracción enriquecida de amiloide, resultou seu un fragmento da súa proteína precursora, NACP.[16] Posteriormente, determinouse que a NACP era o homólogo humano da sinucleína da raia Torpedo. Por tanto, a NACP denomínase agora alfa-sinucleína humana.