![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/Alexandre_Guimaraes_2018.jpg/640px-Alexandre_Guimaraes_2018.jpg&w=640&q=50)
Alexandre Guimarães
ex futbolista e adestrador brasileiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alexandre Borges Guimarães, nado en Maceió, Alagoas, Brasil o 7 de novembro de 1959, é un adestrador e ex xogador de fútbol brasileiro nacionalizado costarriqueño. Dende 2022 adestra o América de Cali, da primeira división colombiana.
Guimarães | |||
---|---|---|---|
![]() Guimarães en 2018 | |||
Información persoal | |||
Nome | Alexandre Borges Guimarães | ||
Nacemento | 7 de novembro de 1959 (64 anos) | ||
Lugar de nacemento | Maceió | ||
Altura | 1,90 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | América de Cali (ad.) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
–1980 | AD Durpanel San Blas | (16) | |
1980–1981 | Municipal Puntarenas | (12) | |
1982–1992 | Deportivo Saprissa | 300 | (74) |
1992–1993 | Municipal Turrialba | ||
Selección nacional | |||
1985–1990 | Costa Rica | 16 | (2) |
Adestrador | |||
1994–1996 | AD Belén | ||
1996–1997 | Herediano | ||
1997–1999 | Deportivo Saprissa | ||
1999 | Comunicaciones | ||
1999–2000 | Deportivo Saprissa | ||
2001–2002 | Costa Rica | ||
2003 | Cartaginés | ||
2004 | Irapuato | ||
2004 | Dorados de Sinaloa | ||
2005–2006 | Costa Rica | ||
2006–2008 | Panamá | ||
2009–2010 | Al-Wasl | ||
2011 | Al-Dhafra | ||
2011–2012 | Deportivo Saprissa | ||
2012–2013 | Tianjin Teda | ||
2016–2018 | Mumbai City | ||
2019–2020 | América de Cali | ||
2020–2021 | Atlético Nacional | ||
2022– | América de Cali | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Sendo neno trasladouse coa súa familia a Costa Rica, onde desenvolveu toda a súa carreira futbolística, xogando 377 partidos na Primeira División e marcando 95 goles. Destacou principalmente no Deportivo Saprissa, co que gañou tres campionatos de liga en 1982, 1988 e 1989. Foi internacional coa selección de Costa Rica en 16 ocasións.
Tras retirarse da práctica do fútbol emprendeu unha carreira de adestrador que o levou ao banco de máis dunha ducia de equipos, de Costa Rica e doutros países como Guatemala, México, Panamá, Emiratos Árabes Unidos, China, a India ou Colombia. Adestrou tamén á selección de Costa Rica en dúas ocasións e á de Panamá. Formou parte da selección costarriqueña nas tres primeiras participacións desta na Copa do Mundo, a primeira como futbolista e as dúas seguintes como adestrador.
É pai de Celso Borges, futbolista do Alajuelense e tamén internacional coa selección de Costa Rica.