From Wikipedia, the free encyclopedia
Aleksandra "Alya" Nikolaievna Pakhmutova (en ruso Александра Николаевна Пахмутова), nada en Beketovka o 9 de novembro de 1929, é unha compositora rusa, famosa na antiga Unión Soviética desde a década de 1960.
Comezou a tocar e compoñer para o piano desde moi nova, graduouse no Conservatorio de Moscova en 1953 e en 1956 rematou un curso de posgrao co compositor Vissarion Shebalin. Compuxo pezas para orquestra sinfónica, un ballet, música infantil e cancións e música para unha ducia de filmes. Pero coñécese sobre todo por algunha das súas 400 cancións, algunhas tan coñecidas como Nezhnost' (1965), Belovezhskaya Pushcha (1975) ou Malaya Zemlya, moitas delas seguindo a tradición das baladas da década de 1930[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.