From Wikipedia, the free encyclopedia
Alejandro Mon y Menéndez, nado en Oviedo o 26 de febreiro de 1801[1] e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1882, foi un político e xurista español, ministro de Facenda en varios períodos, presidente do Congreso dos Deputados en 1862 e presidente do Consello de Ministros de España en 1864.
Nome orixinal | (es) Alejandro Mon Menéndez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de febreiro de 1801 Oviedo, España |
Morte | 1 de novembro de 1882 (81 anos) Oviedo, España |
Embaixador de España en Francia | |
1866 – 1868 | |
Embaixador de España en Francia | |
1858 – 1862 | |
Senador de España | |
Ministro | |
Embaixador | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, político, xurista |
Partido político | Partido Moderado |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Mon (Alejandro), p.282–283) |
Cursou os estudos de Dereito na Universidade de Oviedo. Inquedo pola actividade política, foi Vicepresidente das Cortes Xerais e durante a Rexencia de María Cristina foi nomeado Ministro de Facenda dende 1837 até 1838 e de novo con Narváez entre 1844 e 1846 durante o cal soporta a grave crise económica da Facenda Pública como consecuencia da Primeira Guerra Carlista. Por un breve lapso de tempo deixa o Ministerio, até que volve a ser nomeado por Francisco Javier de Istúriz até o 1847 derante a Década Moderada do reinado de Isabel II. En 1849 e 1857 volve a ser Ministro de Facenda por curtos períodos de tempo.
Despois de ser embaixador de España en Roma e París rexeitará as ofertas para volver á vida política activa até que o 1 de marzo de 1864 é nomeado Presidente do Consello de Ministros substituíndo a Lorenzo Arrazola no período de crise da Unión Liberal e que soamente duraría seis meses até o 16 de setembro de 1864,[2] aínda que para a súa fama quedou a incorporación por primeira vez dunha das figuras máis influentes na vida política española tras a restauración borbónica como foi Antonio Cánovas del Castillo.
Despois da revolución de 1868 separouse da vida política de maneira definitiva, aínda que foi nomeado Senador vitalicio en 1876.
O seu papel no ministerio de Facenda é lembrado como o máis relevante de todo o século XIX español pois coa chamada Reforma Mon-Santillán (por Ramón Santillán) colocou a España entre os países de referencia nesa materia por mor da simplificación e modernización que levou a cabo no sistema tributario. Tamén é moi celebrado por promover a modernización da economía española pola súa aposta polos camiños de ferro e as industrais transformadoras.
Porén, hai autores, para os que o seu papel reformador supera o campo facendístico para ser o reformador das políticas económicas: a fiscal (1845), a monetaria e bancaria (1849) e a comercial co arancel de 1849.[3]
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Lorenzo Arrazola |
Alejandro Mon y Menéndez | Precede a: Ramón María Narváez |
Presidente do Goberno de España |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.