político paraguaio From Wikipedia, the free encyclopedia
Albino Jara Benegas, nado o 28 de febreiro de 1877 en Luque e finado o 15 de maio de 1912 en Asunción[1], foi un militar e presidente "de facto" da República de Paraguai en 1911.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1877 Luque, Paraguai (pt) |
Morte | 15 de maio de 1912 (35 anos) Paraguarí, Paraguai |
Presidente de Paraguai | |
17 de xaneiro de 1911 – 5 de xullo de 1911 ← Manuel Gondra (pt) – Liberato Marcial Rojas → | |
Actividade | |
Ocupación | político, bibliotecario |
Partido político | Partido Liberal Radical Autêntico (pt) |
Carreira militar | |
Rango militar | Coronel |
Estudou ata o cuarto curso na Facultade de Dereito. Aos 20 anos obtén unha bolsa de estudos en Chile, na Academía Militar; de aí sae como alférez. De regreso ao seu país ascende a tenente e en 1904 a capitán. En 1908 é ascendido a coronel. Pasarían 3 anos ata que realizase un golpe de estado e se autoproclamase presidente, derrocando ao presidente constitucional, Manuel Gondra.
Asumiu o cargo o 17 de xaneiro de 1911, aos 33 anos de idade. Durante o seu goberno estableceuse un sistema educativo comparado cos modelos de Estados Unidos e Europa[Cómpre referencia]. Foron pavimentados 40 km² das rúas de Asunción[Cómpre referencia], fundou o Instituto Histórico e Xeográfico de Paraguai, e traballou para que o ferrocarril chegará ata a cidade de Encarnación para posteriormente unirse a conexión con Posadas (Arxentina).
O 5 de xullo de 1911 foi deposto e levado ao porto para expulsalo cara a Bos Aires.
En 1912 retornou a Paraguai. Quixo organizar unha revolución contra o goberno de Pedro Pablo Peña, pero non o logrou. Ferido de bala na acción foi encarcerado e, como consecuencia das feridas, faleceu o 15 de maio de 1912.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.