From Wikipedia, the free encyclopedia
O albiense ou albiano é, na escala de tempo xeolóxico, a sexta e última idade ou piso do cretáceo inferior.
Este piso estendeuse desde hai 113,0 até hai 100,5 millóns de anos aproximadamente.[1][2]
Debe o seu nome ao río Aube (que deriva de Albion, despois Alba, nome latino do río),[3] nome do que deriva tamén o topónimo Aube, departamento francés atravesado por este río.
Sucede ao aptiense e é anterior ao cenomaniense, do cretáceo superior.
O termo albiense foi proposto en 1842 por Alcide d'Orbigny para este piso do sistema cretáceo.
Algúns afloramentos representativos da idade albiana son dignos de mención: as capas fosfáticas e de limolitas de Argonne e Bray en Francia; o Flammenmergel do norte de Alemaña, os lignitos de Utrillas en España; as areíscas superiores de Nubia e as capas de Fredericksburg de Norteamérica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.