Albatros viaxeiro
ave mariña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O albatros viaxeiro (Diomedea exulans) é unha grande ave mariña da familia Diomedeidae, que ten unha distribución habitual circumpolar nos océanos do sur.[3] Foi a primeira especie de albatros que se describiu, e durante longo tempo foi considerada a mesma especie que o Diomedea dabbenena (da illa Tristan da Cunha) e o Diomedea antipodensis. Porén, algúns autores aínda consideran que son todos subespecies da mesma especie.[4] A SACC xa propuxo a división da especie,[5] e BirdLife International xa a dividiu. Xunto co Diomedea amsterdamensis forma o complexo de especies do albatros viaxeiro. O albatros viaxeiro é unha das dúas especies de maior tamaño do xénero Diomedea, similar en tamaño a Diomedea epomophora. É un dos maiores paxaros do mundo, e unha das aves mellor coñecidas e estudadas. Tamén é a ave cunha área de distribución maior, debido ás súas longas viaxes oceánicas. Algúns individuos desta especie sábese que circunnavegan os océanos do sur tres veces nun ano, cubrindo unha distancia de máis de 120 000 km.[6]
Albatros viaxeiro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Diomedea exulans exulans(Linnaeus, 1758)[2] |