Air Canada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Air Canada (código AITA : AC ; código OACI : ACA) é a compañía aérea nacional do Canadá, ademais da aeroliña máis grande do país. O seu centro de operacións está no Aeroporto Internacional Pierre Elliott Trudeau de Montreal, Quebec. É a novena aeroliña máis grande do mundo en tamaño de frota e foi membro fudador da alianza de aeroliñas Star Alliance.
Air Canada | ||
---|---|---|
IATA AC | OACI ACA | Indicativo AIR CANADA |
Fundación | 11 de abril de 1936 (como Trans-Canada Air Lines) | |
Inicio das operacións | 1 de xaneiro de 1965 (como Air Canada) | |
Plan de voo frecuente | Aeroplan | |
Alianza | Star Alliance | |
Frota | 174 | |
Destinos | 182 | |
Eslogan da compañía | Your World Awaits Tout Un Monde Vous Attend | |
Sede | Montreal, Canadá | |
Páxina web: http://www.aircanada.com/ |
Fundouse en 1937 por iniciativa do goberno do Canadá co nome de Trans-Canada Airlines(TCA), que mantivo ata 1965, e en 1988 privatizouse tras a desregularización do mercado canadense. En 2000 viuse obrigada a absorber á segunda compañía aérea canadense, Canadian Airlines, o que provocou a reestruturación da compañía. Actualmente voa a uns 240 destinos no Canadá, os Estados Unidos, América do Sur, Europa, Australia e Asia. Air Canada está recoñecida por Skytrax como a mellor aeroliña internacional de Norteamérica, e foi puntuada como unha aeroliña de 4 estrelas en 2013.[1]
Air Canada ten unha frota de avións de fuselaxe ancha Airbus A330, Boeing 767, Boeing 777 e Boeing 787 para rutas longas, e usa aparellos da familia Airbus A320, os A319, A320 e A321, ademais de Embraer E190 en rutas curtas. A compañía ten distintas divisións, entre as que se inclúen Air Canada Cargo, Air Canada Express e Air Canada Rouge. A súa subsidiaria, Air Canada Vacations, proporciona paquetes de vacacións a uns 90 destinos. Xunto coas súas aeroliñas rexionais, a compañía opera ao redor duns 1.500 voos diarios.