![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/Air_Berlin_Logo.svg/langgl-640px-Air_Berlin_Logo.svg.png&w=640&q=50)
Air Berlin
From Wikipedia, the free encyclopedia
Air Berlin foi a segunda aeroliña máis grande de Alemaña, despois de Lufthansa, e a sétima europea en número de pasaxeiros. Operaba unha extensa rede de voos que inclúian destinos de vacacións na zona mediterránea, as illas Canarias e o norte de África ademais de destinos internacionais cara ao sueste asiático, o Caribe e as Américas. A aeroliña foi membro da alianza Oneworld e a súa subsidiaria austríaca Niki é membro afiliado da alianza.
Air Berlin | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA AB | OACI BER | Indicativo AIR BERLIN |
Fundación | 1978 (como Air Berlin USA) | |
Inicio das operacións | 1979 | |
Plan de voo frecuente | topbonus | |
Alianza | Oneworld ![]() | |
Subsidiarias | Belair, Niki, LGW | |
Frota | 118 | |
Destinos | 171 | |
Eslogan da compañía | Your Airline | |
Sede | Berlín, Alemaña | |
Páxina web: http://www.airberlin.com/ |
Air Berlin concéntrabase en servir ás grandes cidades alemás e europeas para atraer tráfico de negocios. Voaba a un total de 25 cidades alemás, máis que calquera outra aeroliña. Os seus centros de operacións eran o aeroporto de Berlin-Tegel e o aeroporto de Düsseldorf.
O 15 de agosto Air Berlin declarouse insolvente[1] e o 27 de outubro dese ano cesaron todos os seus servizos.[2]