From Wikipedia, the free encyclopedia
Ahmad Shah Massoud (persa احمد شاه مسعود Aḥmad Šāh Masʻūd), nado o 2 de setembro de 1953 e finado o 9 de setembro de 2001,[1] foi un líder político e militar afgán que foi unha figura central na resistencia contra a ocupación soviética entre 1979 e 1989 e nos anos seguintes de guerra civil.
Nome orixinal | (fa-af) احمد شاه مسعود (fa) احمد شاه مسعود |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de setembro de 1953 Bazarak, Afganistán (pt) |
Morte | 9 de setembro de 2001 (48 anos) Khwaja Baha Wuddin, Afganistán (en) |
Causa da morte | homicidio, artefato explosivo improvisado (pt) |
Minister of Defence of Afghanistan (en) | |
28 de abril de 1992 – 9 de setembro de 2001 | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade de Cabul (pt) Lycée Esteqlal (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política, militar e Islam |
Ocupación | político, líder militar |
Período de actividade | 1975 - |
Partido político | Jamiat-e Islami (pt) |
Carreira militar | |
Rango militar | Comandante en xefe |
Conflito | Guerra de Afganistán Guerra Civil Afegã (pt) |
Familia | |
Fillos | Ahmad Massoud |
Irmáns | Ahmad Zia Massoud Ahmad Wali Massoud |
Premios | |
| |
Massoud era un taxico de fe musulmá sunnita fillo dun coronel do exército, orixinario de Jangalak no val do Panjshir ao norte de Afganistán e educado en escolas que seguían o réxime de estudos francés. Estudou enxeñería na Universidade de Cabul na década de 1970, e alí tras a caída da monarquía e a toma do poder polos comunistas en 1973 contactou con movementos islamitas anticomunistas que se movían en torno á órbita de Burhanuddin Rabbani e os Irmáns Musulmáns recibindo adestramento militar en Paquistán.[2] e curtíndose en operacións de guerrilla en Exipto e Líbano en 1974 e 1975.[3] Volveu á súa terra ntal en 1978 cuns poucos seguidores e logo da ocupación soviética de 1979 converteuse nun dos líderes da insurxencia coñecido co alcume do "León do Panjshir". En 1992 foi designado ministro de defensa tras o Acordo de Peshawar, un tratado de paz e de repartición do poder no poscomunista Estado Islámico de Afganistán e loitou contra unha alianza de milicias dirixida por Gulbuddin Hekmatyar e eventualmente polos Talibán, que sitiaron Cabul en xaneiro de 1995.
Seguindo o ascenso dos Talibán en 1996, Massoud que rexeitaba a súa interpretación fundamentalista do islam[4] volveu á oposición armada, serviu coma o líder político e militar da Fronte Islámica Unida (tamén coñecida no Occidente co nome de Alianza do Norte), opoñéndose tamén á interferencia de Paquistán nos asuntos internos afgáns.[5] Foi asasinado, probablemente por instigación de al Qaida nun ataque suicida dous días antes dos ataques do 11 de setembro nos Estados Unidos, que levaron a ese país e á OTAN a intervir en Afganistán, aliados coas forzas de Massoud.
Postumamente Massoud recibiu a consideración de "Heroe Nacional" por orde do presidente afgán Hamid Karzai e a data da súa morte, 9 de setembro, obsérvase como festa nacional coñecida como "Día de Massoud" en Afganistán,[6] por ser Massoud a figura arredor da cal se aglutinou a loita contra os talibán e así foi percibido pola comunidade internacional pero a súa figura tamén respondeu á necesidade que tiña o goberno afgán de contar cun heroe nacional e un símbolo de unión non cuestionado nun momento de incerteza e cambio.[7] Pero tamén recibiu críticas por permitir o tráfico de drogas, por permitir abuso de dereitos humanos ou por asasinar a civís.[8]
En 2002, a xornalista Marie-Rose Armesto, publicou Son mari a tué Massoud, no que realizou unha entrevista á muller dun dos seus asasinos.[9] Ese ano a súa familia creou unha fundación para conservar o seu legado e contribuír o desenvolvemento de Afganistán.[10] En abril de 2021, a cidade de París rendeulle homenaxe dándolle o seu nome a un paseo dos Campos Elíseos.[11]
Casou con Sediqa Massoud e foi pai de cinco fillas e un fillo. Este, Ahmad Massoud, chamou a resistir aos talibáns logo da caída de Cabul o 15 de agosto de 2021 e é considerado como un dos líderes da oposición armada do val do Panjshir.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.