político afgán From Wikipedia, the free encyclopedia
Ahmad Massoud (en dari : احمد مسعود), nado en Piyu o 10 de xullo de 1989, é un político afgán, fillo de Ahmad Shah Massoud, líder militar da resistencia contra a invasión soviética. Dirixe a Fundación Massoud en novembro de 2016. Logo da entrada en Cabul dos talibáns en agosto de 2021, Ashmad Massoud púxose á fronte da resistencia armada do val do Panjshir.[1]
(2019) | |
Nome orixinal | (fa) احمد مسعود |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de xullo de 1989 (35 anos) Panjshir (República Democrática do Afeganistão) |
Grupo étnico | Pobo taxico |
Relixión | Islam |
Educación | Real Academia Militar de Sandhurst (pt) King's College de Londres |
Actividade | |
Ocupación | político, director executivo |
Período de actividade | 2021 - |
Empregador | Massoud Foundation (en) |
Membro de | |
Interesado en | Ciencia militar e militar |
Carreira militar | |
Rama militar | Infantaría |
Comandante de (OBSOLETO) | Fronte Nacional de Resistencia |
Conflito | Ofensiva talibá de 2021 Conflito de Panjshir (pt) guerra do Afeganistão (2015-2021) (pt) |
Familia | |
Pai | Ahmad Shah Massoud |
Parentes | Ahmad Zia Massoud, tío Ahmad Wali Massoud, tío |
De orixe étnica taxica, Ahmad Massoud naceu o 10 de xullo de 1989 en Piyu na provincia de Takhar no nordeste de Afganistán.[2]
Logo de rematar os estudos secundarios en Irán, trasladouse o Reino Unido para facer os estudos universitarios. Primeiro, Massoud fixo un curso na Real Academia Militar de Sandhurst.[3] Tras isto, entre 2012 e 2015, fixo estudos sobre guerra no King's College de Londres, obtendo o título de licenciado (bachelor degree). Completou a súa formación cun máster en política internacional na Universidade da Cidade de Londres en 2016.[4][5][6]
Massoud retornou a Afganistán e, en 2016, foi nomeado director da Fundación creada para conservar o legado do seu pai.[7][8][9]
En marzo de 2019, Massoud entrou oficialmente en política.[10][11][12][13] En setembro de 2019 foi aclamado polos seguidores do seu pai como o seu sucesor nun acto diante do mausoleo de Ahmad Shah Massoud no val do Panjshir.[14] Defendeu a proposta do seu pai que propuxo o modelo suízo para Afganistán, considerando que a descentralización administrativa e a cesión de poder de Cabul ás provincias permitiría administrar máis eficientemente os recursos, facilitando a prosperidade e a estabilidade do país.[15]
Ademais, Massoud expresou as súas dúbidas sobre a dirección que tomaba o proceso de proceso de paz de Afganistán en 2019, obxectando que non se estaban a respectar os intereses dos afgáns.[16] En setembro dese ano anunciou a creación dunha nova coalición inspirada na Alianza do Norte que resistiron fronte os talibáns na década de 1990.[17] En marzo de 2021, grazas a unha conmemoración ao seu pai en París. coñeceu o presidente de Francia, Emmanuel Macron, nunha reunión na que tamén participou o filósofo Bernard-Henri Lévy.[18][19]
En 2021, ante retirada das tropas dos Estados Unidos, creou unha milicia, chamada Segunda Resistencia, que axudara as forzas de seguridade afgás contra os talibáns.[20][21] No verán de 2021, os talibáns fixéronse co control da práctica totalidade do país conseguindo entrar en Cabul o 15 de agosto. Tras o colapso do goberno, Massoud, canda o vicepresidente Amrullah Saleh, anunciou a súa vontade de loitar contra o dominio talibán dende a zona controlada polo primeiro, o val do Panjshir.[22][23] O 18 de agosto de 2021, nun chamamento internacional pediu a axuda loxística e militar aos países occidentais para a resistencia, agora denominada Fronte Nacional de Resistencia.[24][25] Con escepticismo, algúns analistas internacionais consideraron que isto era máis intento por influír nas negociacións cos talibáns que unha tentativa real de oposición armada.[26] O 22 de agosto de 2021, Massoud advertiu aos talibáns de que a negociación era o "único camiño",[27] aínda que tamén reafirmou a súa vontade de loita se os talibáns non aceptaban un goberno plural.[28] Ese mesmo día os talibáns fixeron público que centos dos seus soldados ían camiño do Panjshir para facerse co control da zona.[29]
Entre finais de agosto e principios de setembro de 2021, houbo enfrontamentos armados entre os talibáns e as tropas lideradas por Massoud.[30] Paralelamente, Massoud comunicou de novo a súa disposición para dialogar a principios de setembro.[31] Con todo, o 6 de setembro de 2021 os talibáns proclamaron a conquista do val do Panjshir. Massoud e os seus aliados políticos abandonaran o Panjshir antes do control talibán con destino a Taxiquistán.[32] Este país centroasiático emerxeu como o centro da resistencia antitalibá logo da fin do conflito armado centrando os seus esforzos en organizarse politicamente.[33][34]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.