futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Agustín Suárez Miramontes, nado na Coruña en 1926 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1987, foi un futbolista galego, que xogaba como extremo esquerdo.
Agustín | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Agustín Suárez Miramontes | ||
Nacemento | 1926 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 4 de maio de 1987 | ||
Posición | Extremo esquerdo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
–1945 | Deportivo Ciudad | ||
1945–1948 | Xuvenil | ||
1948–1949 | Orensana | ||
1949–1950 | Xuvenil | ||
1950 | Cultural Leonesa | ||
1950–1952 | Xuvenil | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Era irmán dos tamén futbolistas Pepiño e Luis Suárez, este último considerado o mellor futbolista galego da historia.
Naceu na avenida de Hércules do barrio coruñés de Monte Alto, onde os seus pais, María Miramontes González e Agustín Suárez López, rexentaban unha carnizaría.[1][2][3] Interesouse dende neno polo fútbol, deporte que tamén practicaba o seu irmán máis vello, José.
Xogou no Deportivo Ciudad ata 1945, cando pasou ao Xuvenil.[4] Militou no equipo de Rodrigo durante tres tempadas, logrando o ascenso á Terceira División e formando habitualmente na dianteira titular xunto a xogadores como Díez, Otero ou Belchite.[5] Na tempada 1948/49 fichou pola Orensana, coa que logrou ese ano o ascenso á Segunda División.[6] A continuación volveu ao Xuvenil e na tempada 1950/51 fichou pola Cultural Leonesa, da Terceira División,[7] no que permaneceu só uns meses antes de regresar ao Xuvenil. Militou neste ata 1952, e formou dianteira entre outros con Juananco e Arsenio.[8]
Casou en xullo de 1958 con Elena Babío Moscoso, na igrexa de Santiago da Coruña.[9] Faleceu o 4 de maio de 1987, aos 60 anos de idade.[4][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.