cantante español From Wikipedia, the free encyclopedia
Agoney Hernández Morales, máis coñecido como Agoney, nado en Adeje (Tenerife) o 18 de outubro de 1995, é un cantante español. Deuse a coñecer grazas ao concurso de televisión Operación Triunfo 2017 de Televisión Española,[1] onde quedou na sexta posición.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Agoney Hernández Morales 18 de outubro de 1995 (29 anos) Adeje, España |
Outros nomes | Agoney |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor |
Período de actividade | 2017 - |
Xénero artístico | Música pop e indie pop |
Tesitura | Contratenor e soprano |
Instrumento | Voz, piano e trompeta |
Selo discográfico | Universal Music Group |
Participou en | |
4 de febreiro de 2023 | Benidorm Fest 2023 - final (en) (2º) |
31 de xaneiro de 2023 | Benidorm Fest 2023, first semi final (en) (1º) |
Páxina web | agoneyoficial.com |
Agoney comezou a tocar a trompeta aos 6 anos e comezou a cantar aos 14. Estudou bacharelato en artes escénicas e, antes de unirse a Operación Triunfo, foi cantante nun hotel de Tenerife. Foi sexto en Operación Triunfo e foi o último expulsado da edición, pero puido optar por representar a España no Festival de Eurovisión, grazas á canción "Magia", que cantou a dúo con Miriam Rodríguez Gallego. Ao final, non foi elixido para representar a España. A pesar diso, tivo moito éxito no seu país.[2]
Despois de deixar o programa, Agoney converteuse nunha icona da comunidade LGBT, de feito foi un dos pregoeiros do Festival do Orgullo LGBT en Madrid 2018.[3] Entre outubro e decembro de 2018, fixo a súa primeira xira en solitario. A xira comezou o 11 de outubro de 2018 na súa cidade natal, Adeje, e visitou as principais cidades españolas como Madrid, Valencia, Barcelona ou Zaragoza.
En novembro de 2019, Agoney fixo a súa primeira xira musical fóra de España, visitando Arxentina.[4] En agosto de 2020 publicouse o disco debut Libertad, que se situou como o álbum máis escoitado en España.[5]
O 26 de outubro de 2022 deuse a coñecer a súa participación no Benidorm Fest 2023, acto celebrado para seleccionar a candidatura representativa de España no Festival de Eurovisión dese ano.[6] O 19 de decembro, Agoney publicou nas súas redes sociais a canción "Quiero arder", a súa candidatura ao Benidorm Fest 2023,[7] comezando como o gran favorito do público.[8] Finalmente Agoney foi segundo na clasificación cun total de 145 puntos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.