Vega (cantante)

cantante española From Wikipedia, the free encyclopedia

Vega (cantante)

Mercedes Mígel Carpio, nada en Córdoba o 18 de febreiro de 1979, é unha cantautora española, coñecida artisticamente como Vega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Vega
Thumb
(2010)
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1979 (46 anos)
Córdoba, España
Outros nomesVega
Actividade
Ocupacióncantautora, cantante
Período de actividade2002 -
InstrumentoGuitarra e voz

Sitio webvegamusic.es
MySpace: vegaoficial
Pechar
Thumb

Traxectoria

O seu afán pola música remóntase á súa infancia. Foi a estudar Publicidade e Relacións Públicas a Segovia, onde traballou como camareira. Interrompeu a súa carreira na universidade para concursar en Operación Triunfo. O seu estilo musical abarca desde a canción de autor española ata o rock, pasando por estilos tan diversos como o jazz ou o pop comercial. A artista manifesta a súa admiración por artistas como Frank Sinatra, Luz Casal, U2, Los Piratas ou Sting.

No ano 2002 conseguiu o seu primeiro nomeamento na IV edición dos Premios EñE na categoría máis importante como é "Mellor canción do ano" polo seu primeiro single: "Quiero ser tú", que finalmente levou Amaral.

Un ano despois, en 2003 Vega rompeu todo os moldes ao levar os dous premios máis importantes Mellor canción do ano por "Grita!", e Mellor álbum do ano por India arrebatándolle os premios aos grandes favoritos Antonio Orozco e Malú e La Oreja de Van Gogh.

En 2006 consegue outros tres nomeamentos: Mellor canción do ano por "Una vida contigo", Mellor álbum do ano por Circular e Mellor intérprete solista feminina, finalmente non conseguiu ningún premio. Ademais polo tema "Una vida contigo", foi nomeada pola Academia das artes e as ciencias como Mellor autora revelación.

En 2009 volveu ao panorama musical cun disco composto integramente por ela, Metamorfosis, que sendo aclamado pola críitica e o público está levando a Vega a percorrerse toda a xeografía española dando concertos. Deste disco extraéronse catro singles: "Mejor mañana" que se converteu nun hit do verán, e o seu videoclip todo un éxito con máis dun millón de reproducións en YouTube, a sentida "Cuanta decepción", "Lolita" coa que saltou ao estranxeiro e "Nueva York" que pechou a etapa deste último disco.

En novembro de 2010 trasládase aos Ánxeles onde grava os temas do que sería o seu cuarto álbum de estudio. Foi a propia Vega quen impulsou e xestionou todo o relacionado con este disco ao non estar interesado en publicalo o seu anterior discográfica. Unha vez gravado, chegou a un acordo coa que pasou a ser a súa nova discográfica: Sony Music, que publicaría o álbum baixo o título de La cuenta atrás o 20 de setembro de 2011. Na súa primeira semana á venda, alcanzou o nº 6 da lista de vendas española e esgotouse en varias cidades en só uns días, sendo ata o momento o máis exitoso lanzamento da artista. O seu primeiro single foi estreado en xullo de 2011, titulado "Como yo no hay dos".

Discografía

  • India (2003)
  • Circular (2006)
  • Circular: Cómo Girar sin dar la Vuelta (2007)
  • Metamorfosis (2009)
  • La cuenta atrás (2011)

Singles

  • "Quiero ser tú" (2002)
  • "Grita!" (2003)
  • "La verdad" (2004)
  • "Directo al sol" (2004)
  • "Una vida contigo" (2006)
  • "Y llueve" (2007)
  • "Mejor mañana" (2009)
  • "Cuanta decepción" (2009)
  • "Lolita" (2010)
  • "Nueva York" (2010)
  • "Como yo no hay dos" (2011)

Premios e nomeamentos

Vega é unha intérprete respectada e que conseguiu varios nomeamentos e premios a nivel nacional. En 2006 conseguiu a súa primeira nomeación nos Premios de la Música na categoría de Mellor canción por "Una vida contigo". Anteriormente xa conseguiu varias nomeacións e foi premiada polos blogueros de EñE.

2002

  • Nomeación ó Premio EñE á mellor canción por "Quiero ser tú".

2003

  • Premio EñE á mellor canción por "Grita!".
  • Premio EñE ó mellor álbum por India.
  • Nomeación ó Premio EñE á mellor intérprete solista.

2004

  • Nomeación ó Premio EñE á mellor canción por "La verdad" xunto a Elena Gadel.
  • Nomeación ó Premio EñE ó mellor dúo ou colaboración por "La verdad" xunto a Elena Gadel.
  • Nomeación ó Premio EñE á mellor intérprete solista.

2006

  • Premio pola Academia das artes e as ciencias da música á Compositora revelación por "Una vida contigo"
  • Nomeación ó Premio EñE á mellor canción por "Una vida contigo".
  • Nomeación ó Premio EñE ó mellor álbum por Circular.
  • Nomeación ó Premio EñE á mellor intérprete solista.

2010

  • Premio Must! Magazine á mellor canción do ano por "Mejor mañana"
  • Premio Surrealista 2010 á mellor compositora

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.