![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/92/Agilent-HQ-Lobby.jpg/640px-Agilent-HQ-Lobby.jpg&w=640&q=50)
Agilent Technologies
From Wikipedia, the free encyclopedia
Agilent Technologies, ou Agilent, é unha compañía estadounidense que deseña e fabrica instrumenttos científicos de medida e equipamento para as ciencias da vida, diagnóstico médico, e aplicacións químicas.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/92/Agilent-HQ-Lobby.jpg/320px-Agilent-HQ-Lobby.jpg)
A compañía predecesora de Agilent foi Hewlett-Packard (HP), fundada en 1939 para fabricar equipos de probas electrónicos. En 1999, HP creou unha filial para a súa división de probas e medidas chamada Agilent. A OPV inicial das accións de Agilent foi unha das máis grandes da historia de Silicon Valley ata aquel momento.[2] En 2014, Agilent creou unha filial para a súa división de instrumentos electrónicos chamada Keysight Technologies.
Agilent mantén o grupo de desenvolvemento e investigación central, Agilent Laboratories, que realiza a investigación da compañía en áreas como os sistemas micromecánicos, nanotecnoloxía, e ciencias da vida.[3] Este grupo centralizado está baseado no deseño do Hewlett-Packard Lab orixinal e formouse ao dividir o grupo de laboratorios HP orixinal en dous cando HP creou Agilent en 1999.