From Wikipedia, the free encyclopedia
Afonso II de Aragón alcumado o Casto e o Trobador, nado en Huesca o 1 ou o 25 de marzo de 1157, e finado en Perpiñán o 25 de abril de 1196),[1] [2] foi conde de Barcelona (condado que incluía case todos os outros condados cataláns) desde 1162, e rei de Aragón (que incluía o Condados de Sobrarbe e de Ribagorza) desde o 18 de xullo de 1164,[3][4] reunindo así os dous dominios nun único Estato, coñecido como a Coroa de Aragón, asumindo o nome de Afonso II, e reinando até 1196.
Tras o falecemento de seu pai Ramón Berenguer IV a comezos de agosto de 1162, Afonso II recibira a potestade rexia, pero non foi até 1164 cando a súa nai a raíña Petronila fixo a doazón do Reino no seu favor.[5]
Foi tamén o conde Afonso I da Provenza, de 1166 a 1196,[6] e o conde Alfonso I do Rosellón, de 1172 a 1196.
Fillo primoxénito de Ramón Berenguer IV o Santo, conde de Barcelona desde 1131 e, desde 1137 tamén príncipe de Aragón, e de Petronila I, raíña titular de Aragón, reinou co nome de Afonso en honor a Afonso I o Batallador, irmán do seu avó.[7] A documentación da época confirma que desde o seu nacemiento foi designado indistintamente cos nomes de Afonso e Ramón (co que fora bautizado).[8]
Tanto no pacto de Haxama (1158) como no seu testamento sacramental (1162), o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV chamaba Ramón ao seu primoxénito.[9] Á súz vez, no testamento da raíña Petronila de Aragón, a súa nai chama ao seu herdeiro Afonso, e sinala que o seu marido o chamaba Ramón. Nos dous diplomas que se coñecen asinados persoalmente polo futuro Afonso II en vida de seu pai Ramón Berenguer IV, usou «Afonso» como o seu nome; unha vez que foi rei, todos os documentos asinounos co nome de Afonso, e non se documentou ningún caso en que asinara como Ramón. [8]
Os nomes dos dous fillos do matrimonio foron os que utilizaría a liñase da Casa de Aragón: Afonso e Pedro.[10]
Afonso II gobernou como rei de Aragón, conde de Barcelona e marqués da Provenza. Iglesias Costa sinala que xa se omitía o título correspondiente aos Condados de Sobrarbe e de Ribagorza.[11] Estes eran antigos condados unidos ao Reino de Aragón en tempos de Ramiro I. Tamén se omitían xa os condados que levaban varias xeraciónes unidos ao condado de Barcelona, como os de Girona, Osona e Besalú. No século XII, as absorcións mencionadas dos condados de Cerdaña-Berga, Besalú, Rosellón e Pallars Jussá non alongan a titulación do conde, porque encaixan nun sentido hiperbólico na denominación do condado de Barcelona. Así corroborábase a obsolescencia do modelo condal, que xa só se empregaría para designar as unidades que mantiveran a súa singularidade xurisdicional respecto da casa barcelonesa, é dicir, Empúries, Urgell e Pallars Sobirá.[12]
Incorporou ao seu reino as terras occitanas da Provenza, o Condado do Rosellón e o de Pallars Jussá.
Asinou con seu cuñado, o rei castelán Afonso VIII, o tratado de Cazola en 1179. Pero anos máis tarde e mediante o tratado de Huesca (1191), aliouse cos monarcas de León, Portugal e Navarra contra a hexemonía castelá.
Afonso foi moi apreciado pola súa fe católica, que se concretou en moitas ofrendas ás igrexas e mosteiros, facilitou a incorporación dos monces cistercienses no val do Ebro e, nun seu acordo máis querido, en 1202, doa ao Real Monasterio de Nuestra Señora de Rueda de Sástago, na Ribera Baja del Ebro, que sería o primeiro complexo de técnica hidráulica da Península Ibérica. Rematou a construción do Mosteirio de Santa Maria de Poblet (onde acabaría sendo enterrado). Loitou contra os mouros, acabando a reconquista de todo Aragón. E fixo vasalo seu ao rei musumlmán de Valencia.
Por outra parte, mantivo unhas moi boas relacións con Ricardo Corazón de León e, entre 1182 e 1183, durante a guerra na que Ricardo se opuxo ao seu irmán máis vello Henrique o Mozo, co-rei de Inglaterra con Henrique II, por Aquitania, Afonso II combateu ao lado de Ricardo.
Xerardo II do Rosellón (1164-1172), enfermo e sen fillos, deixou o Condado en herdanza a Afonso II de Aragón, decisión tomada, segundo manifestara o conde, de acordo co consello dos seus súbditos. No seu testamento Xerardo II estableceu que o Rosellón «todo integramente o dou ao meu señor o rei dos aragoneses» pola fe depositada no seu soberano Afonso II, que foi inmediatamente recoñecido como rei en Perpiñán.[13]
Nos círculos políticos roselloneses, ante a extinción da liñaxe condal parece que se xulgou máis conveniente unirse ao dominio real aragonés, cuxos monarcas eran descendentes directos de Vifredo o Viloso,[14] en lugar de considerar os dereitos de Hugo III de Empúries sobre o Rosellón, pola descendencia das dinastías condais empordanesa e rosellonesa dun tronco común, o dos antigos condes de Empúries-Rosellón dos séculos IX e X, Suñer II (862-915), Gausberto (915-931) e Gausfredo I (931-991); á morte deste último, os seus fillos, Hugo I de Empúries (991-1040) e Guislaberto I do Rosellón (991-1014), repartiran o dominio recoñecéndose, porén, certos dereitos comúns sobre a totalidade do antiuo patrimonio.
Contando, pois, co apoio da aristocracia local, en 1173, despois de morto Xerardo II, Afonso o Casto convocou unha asemblea de nobres roselloneses en Perpiñán, na que estableceu uns estatutos de paz e tregua válidos para todo o Condado do Rosellón e a diocese de Elna.
Afonso II amparou as artes e as normas do amor cortés, e el mesmo exercitouse na poesía, e foi un poeta coñecido. Tiña fama de acoller xenerosamente aos trobadores na súa Corte e de fomentar a súa arte, e mantivo relacións con outros poetas e trobadores, da súa época, como Guilhem de Saint-Leidier, Raimbaut d'Orange, Dalfi d'Alvernha, Azalais de Porcairagues e, sobre todo, con Giraut de Bornelh, con quen compuxo un tenzón.[15]
Consérvanse dúas pezas que se lle atribúen: unha cançó (canción trobadoressca) e un partiment (catalán), partimen en occitano) ou joc partit ("xogo partido", un dos xéneros dialogados da lírica trobadoresca), con Giraut de Bornelh. A vida trovadoresca que figura nos Cançoners,[16] di o seguinte:
O rei de Aragón, aquel que trobaba, chamábase Afonso; e foi o primeiro rei de Aragón, fillo de Ramón Berenguer, que foi conde de Barcelona, que conquistou o Reino de Aragón e o tomóu dos sarracenos. Foise coroar a Roma; e cando regresaba, morreu en Polmon, no burgo de San Dalmacio. E ao seu fillo fixérono rei, Afonso, que foi o pai do rei Pedro, o cal foi pai do rei Xaime.
As dúas cpmposicións que se lle atribúen son:
Afonso casou, o 18 de xaneiro de 1174, na Catedral del Salvador de Zaragoza, con Sancha de Castela (tía de Afonso VIII de Castela), á idade de 16 anos, á que, segundo o Dereito Canónico daquela, un home casado alcanzaba a maioría de idade.[20]
Ademais, con iso foi armado cabaleiro e puido actuar á fronte do seu reino sen a titoría dos magnates que a exerceran desde 1162.[20]
Deste matrimonio naceron oito fillos:[21] (ou nove, segundo outras fontes).[22]
Afonso II faleceu en Perpiñán o 25 de abril de 1196.[24][25]
Tendo que escoller entre ser enterrado no mausoleo paterno do Mosteiro de Ripoll, ou ser sepultado no mausoleo conxugal (a fonte di "materno" pero a súa nai, Petronila, foi enterrada na Catedral de Barcelona do Mosteiro de Sigena, escolleu o Mosteirio de Poblet para non levantar suspicacias.[26]
NO seu testamento especificou que, no caso de ter conquistado Valencia en vida, debería ser enterrado en El Puig (Valencia), lugar que xa fora doado ao Mosteiro de Poblet en febreiro de 1176,[27] desexo expresado tamén polo seu fillo Pedro II de Aragón e morto tamén sen cumprilo.
Varios dos condes de Barcelona desde Vifredo o Viloso foran enterrados en Ripoll,[28] mentres que outros foron sepltados noutros lugares, entre eles o Mosteiro de San Pablo del Campo e nas catedrais de Barcelona e Girona.
O rei Afonso II foi enterrado no muro do presbiterio, unha caixa. Tras a reforma dos Sepulcros Reais do Mosteiro de Poblet impulsada por Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, o sepulcro quedou instalado no primeiro arco do conxunto escultórico.[29]
No seu testamento, Afonso II dispuxo que, á súa morte, os seus territorios se repartiran entre os seus dous fillos: Pedro, rei de Aragón e conde de Barcelona (1196-1213), e Afonso, conde da Provenza, Milhau e Gavaldá (1196-1209).
Con esta disposición testamentaria, ademais de dotar dun dominio ao seu fillo máis novo, o rei sancionou a necesidade de que a Provenza dispuxera dun gobernador propio. En 1185, Afonso II nomeara xa conde da Provenza ao seu fillo Afonso, que era aínda menor de idade; por iso, o rei encargou o goberno provenzal a procuradores, como Roger Bernat de Foix (1185-1188), Barral de Marsella (1188-1192) e Lope Jiménez.
16. Ramón Berenguer I | ||||||||||||||||
8. Ramón Berenguer II | ||||||||||||||||
17. Almodis de la Marca | ||||||||||||||||
4. Ramón Berenguer III | ||||||||||||||||
18. Roberto de Hauteville | ||||||||||||||||
9. Mafalda de Puglia-Calabria | ||||||||||||||||
19. Sikelgaite de Salerno | ||||||||||||||||
2. Ramón Berenguer IV | ||||||||||||||||
20. Berenguer de Rodés | ||||||||||||||||
10. Gerberto de Gavaldá | ||||||||||||||||
21. Adela de Carlat | ||||||||||||||||
5. Dulce da Provenza | ||||||||||||||||
22. Godofredo I da Provenza | ||||||||||||||||
11. Gerberga da Provenza | ||||||||||||||||
23. Dulce de Gavaldá | ||||||||||||||||
1. Afonso II de Aragón | ||||||||||||||||
24. Ramiro I de Aragón | ||||||||||||||||
12. Sancho Ramírez de Aragón | ||||||||||||||||
25. Ermesenda de Bigorra | ||||||||||||||||
6. Ramiro II de Aragón | ||||||||||||||||
26. Hilduin IV de Montdidier | ||||||||||||||||
13. Felicia de Roucy | ||||||||||||||||
27. Alicia Adela de Roucy | ||||||||||||||||
3. Petronila de Aragón | ||||||||||||||||
28. Guillermr VIII de Aquitania | ||||||||||||||||
14. Guillerme IX de Aquitania | ||||||||||||||||
29. Hildegarda de Borgoña | ||||||||||||||||
7. Inés de Poitiers | ||||||||||||||||
30. Guillerme IV de Tolosa | ||||||||||||||||
15. Filipa de Tolosa | ||||||||||||||||
31. Emma de Mortain | ||||||||||||||||
Predecesor: Petronila I Raíña propietaria (1157-1164) Ramón Berenguer IV de Barcelona Dominator regni (1137-1162) |
Rei de Aragón Conde de Barcelona 1164-1196 |
Sucesor: Pedro II |
Predecesor: Ramón Berenguer III da Provenza |
Marqués da Provenza 1166-1196 |
Sucesor: Afonso II da Provenza |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.