Aethelwald de Anglia Oriental
From Wikipedia, the free encyclopedia
Æthelwald, tamén coñecido como Æthelwold ou Æþelwald (inglés antigo: Æþelwald "nobre gobernante"), finado en 664, foi rei de Anglia Oriental, no século VII (reinou 654-664), o lonxevo reino anglosaxón que inclúe hoxe en día os condados ingleses de Norfolk e Suffolk. Pertencía á dinastía Wuffinga que gobernou Anglia Oriental desde o seu rexio (centro da autoridade real) de Rendlesham. Os dous cemiterios anglosaxóns de Sutton Hoo, o mosteiro de Iken, a Sede episcopal de Dommoc e o novo porto de Ipswich estaban todos na veciñanza de Rendlesham.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | 664 (Gregoriano) |
Rei de Anglia Oriental | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Wuffingas |
Pai | Eni de Anglia Oriental |
Irmáns | Æthelric (en) , Anna de Anglia Oriental e Aethelhere de Anglia Oriental |
Aethelwald viviu durante un tempo de axitación política e relixiosa en Anglia Oriental, cuxos reis cristiáns adoitaban morrer violentamente e mostráronse incapaces de frear os ataques do veciño reino de Mercia, liderado por Penda. Aethelwald foi o último dos sobriños de Raedwald en gobernar Anglia Oriental. Morreu no 664 e foi sucedido por Ealdwulf, o fillo do seu irmán Æthelric.
Poucos rexistros relativos a Anglia Oriental sobreviviron e non se sabe case nada da vida ou o reinado de Aethelwald. Sucedeu ao seu irmán máis vello Æthelhere, despois de que este morrese xunto con Penda de Mercia na Batalla de Winwaed ao redor de 655. Durante o seu goberno foi testemuña do revés nas aspiracións de Mercia para dominar aos seus veciños, tras a Batalla de Winwaed e o asasinato de Peada, fillo de Penda.
El foi rei durante a última década da co-existencia en Inglaterra dos cristiáns do Rito romano, centrada en Canterbury, e o rito Celta baseado en Northumbria. No Sínodo de Whitby, en 664, a causa Romana impúxose e a división das autoridades eclesiásticas cesaron. En 662, Swithelm de Essex foi persuadido a adoptar o Cristianismo e foi bautizado en Rendlesham, con Aethelwald presente como o seu patrocinador. Anglia Oriental estreitou lazos con Northumbria, Kent e terras nos Pantanos, por medio de matrimonios reais