Aeroporto de Gotemburgo-Landvetter
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Gotemburgo–Landvetter (en sueco: Göteborg–Landvetter Flygplats) (IATA: GOT, OACI: ESGG) é un aeroporto internacional que serve a rexión de Gotemburgo en Suecia. Con 6,3 millóns de pasaxeiros en 2016[1] é o segundo aeroporto máis grande de Suecia (tras Estocolmo-Arlanda). Está xestionado por Swedavia.
Datos rápidos Göteborg–Landvetter flygplats, IATA: GOT – ICAO: ESGG ...
Aeroporto de Gotemburgo–Landvetter Göteborg–Landvetter flygplats | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Luftfartsverket (1977–2009) Swedavia (2010–presente) | ||
Cidade/Illa | Gotemburgo, Suecia | ||
Elevación (msnm) | 154 metros / 506 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | swedavia.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 3 299 | 10 823 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 6 375 512 | ||
Pasaxeiros internacionais | 4 919 944 | ||
Pasaxeiros domésticos | 1 455 568 | ||
Pechar
O aeroporto chámase así pola cidade de Landvetter, situada no municipio de Härryda. Atópase a 20 quilómetros ao leste de Gotemburgo e a 40 ao oeste de Borås. Dende o peche do aeroporto da cidade de Gotemburgo a voos comerciais en 2015 é o único aeroporto operativo da cidade.