![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Boras.jpg/640px-Boras.jpg&w=640&q=50)
Borås
cidade de Suecia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Borås é unha cidade que se atopa no país escandinavo de Suecia. Foi recoñecida como cidade en 1621.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Suecia | |||
Condado | condado de Västra Götaland | |||
Municipios | Borås (municipio) ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 74.042 (2020) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2.946 ha ![]() | |||
Altitude | 143 m-143 m ![]() | |||
Creación | 1621 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50110–50899 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 033 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | boras.com… ![]() | |||
![]() ![]() |
Tivo un importante desenvolvemento na súa industria téxtil a finais do século XIX e comezos do século XX, e sede de importantes firmas comerciais de vendas por catálogo (mail order). O carácter comercial da súa historia naceu cos comerciantes ambulantes, chamados knalle ou knallarna, que percorrían a rexión no século XVI, vendendo os seus produtos.
Actualmente segue mantendo a súa calidade de situación xeográfica estratéxica ao ser un punto central entre as cidades de Gotemburgo, Jönköping e tamén da veciña Noruega; sendo sede de importantes centros comerciais e industriais, e de puntos turísticos e culturais.
É tamén unha cidade universitaria, xa que a Högskolan i Borås (Escola Superior de Borås) acolle distintas titulacións superiores, repartidas entre dous centros: a Textilhögskolan (Escola Superior de Estudos téxtiles) e a Bibliotekshögskolan (Escola de Biblioteconomía).[1] En 2017 a universidade contaba con 11 000 estudantes e 730 traballadores aproximadamente.[2]
Integrados neste campus destacan o Museo Téxtil e o Textile Fashion Center.[3]