![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Orphans_at_the_Tidal_Basin.jpg/640px-Orphans_at_the_Tidal_Basin.jpg&w=640&q=50)
Adopción
From Wikipedia, the free encyclopedia
A adopción ou filiación adoptiva é, dende un punto de vista sociolóxico, o proceso polo cal un individuo menor de idade e necesitado dunha familia é admitido como fillo por un adulto ou parella adoptantes, e recoñecido como tal polo seu contorno social.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Orphans_at_the_Tidal_Basin.jpg/320px-Orphans_at_the_Tidal_Basin.jpg)
Dende o punto de vista psicolóxico, a adopción é o proceso de creación ou substitución de vínculos emocionais e afectivos, equiparables aos paterno-filiais, entre un neno adoptado e un adulto ou parella adoptantes.
Dende o punto de vista legal, a adopción é un acto administrativo e xurídico encamiñado a establecer entre un menor e un adulto ou parella adoptantes un vínculo paterno-filial análogo ou idéntico ás que concede a paternidade biolóxica. Existe unha transferencia da patria potestade dos pais biolóxicos aos pais adoptivos.