político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Adolfo Gacio Vázquez, nado en Boqueixón o 5 de xullo de 1954, é un profesor e político galego do PPdeG. Foi alcalde de Boqueixón dende 1991 ata 2012.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) Boqueixón, España |
Alcalde de Boqueixón | |
1991 – 2012 ← Secundino Torres Vázquez – Jesús Sanjuás Mera → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Adolfo Gacio Vázquez é fillo de Manuel Gacio, profesor en Lestedo e de Ana Vázquez, ambos falecidos.
Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é diplomado en Xeografía e Historia, e Pedagoxía. Foi Profesor de Educación Secundaria en excedencia dende 1989 ata o 2014, ano no que volveu á docencia. Foi concelleiro e tenente de alcalde do concello de Boqueixón entre 1983 e 1991, baixo o mandato de Secundino Torres Vázquez, primeiro por unha candidatura independente e logo pola CPG. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta, continuando no cargo nas sucesivas eleccións durante os 21 anos seguintes, sempre con maioría absoluta. Nas últimas eleccións ás que se presentou[1] acadou 9 concelleiros de 11 posibles. Traballou na Consellería de Agricultura, foi asesor da Consellería de Sanidade, vicepresidente executivo da FEGAMP sendo a principal organización na que traballaba a chamada xoves Agricultores. Tamén foi o Portavoz do Partido Popular na Deputación da Coruña[2] (2007-2011) na Coruña onde viviu durante 14 anos. Nese período combinou o traballo na Alcaldía co traballo na Deputación.[3]
Foi durante moitos anos a man dereita de José Manuel Romay Beccaría e o principal instrutor de Ovidio Rodeiro Tato[4], o seu sucesor na alcaldía de Boqueixón. Durante un período na etapa de alcalde a oposición estivo liderada por Juan Viaño Rey (PSdeG), actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela.[5]
En agosto de 2012 Gacio sinalou que deixaría a alcaldía tras 21 anos de alcalde e que ocuparía un posto diplomático[6][7], que sería unha secretaría na Embaixada de España en Venezuela. En setembro de 2012 foi detido, acusado de tráfico de influencias no marco da Operación Pokémon[8]. Quedou en liberdade baixo fianza de 10 000 € pero viuse obrigado a dimitir como alcalde o 24 de setembro[9]. Volvendo nese momento á praza de docente[10]. Trala dimisión de Gacio, os alcaldes de Boqueixón polo Partido Popular duraron moi pouco no cargo por diferentes circunstancias.[11]
A súa presenza na deputación e na alcaldía fixo que acadase unha grande influencia no Partido Popular da Provincia da Coruña que finalmente se viu truncada coa súa imputación. Isto denótase en que Gacio foi un dos nomes que soaron con máis forza para substituír no 2008 a Juan Juncal como Presidente do PPdG da Coruña[12] (cargo que acadaría finalmente Carlos Negreira); e para ser en 2011 o Presidente da Deputación da Coruña (cargo que ocuparía Diego Calvo).[13]
No seu labor político cabe destacar a exaltación do Pico Sacro[14][15] como un dos sendeiros do Camiño de Santiago que vai pola Vía da Prata[16]. Tratou tamén de recompilar toda a historia deste pico[17][18], dende o que reinou a Raíña Lupa, tal e como conta a lenda. De feito os lemas das campañas electorais sempre foron encamiñados a resaltar a beleza de Boqueixón como "Boqueixón A Paisaxe" e "Orgullosos de Boqueixón"
Segundo Gacio un dos logros máis importantes que acadou foi o de conseguir levar o abastecemento de auga a case todas as vivendas do concello, recoñecendo coas súas propias palabras no ano 2011 que estaba case no 99%, sendo 145 quilómetros de tubaxe.[19][20] Este logro viuse reflectido co feito de que o concello de Boqueixón abastece de auga potable ao Aeroporto da Lavacolla (pertencente a Santiago), levando ao cabo un acordo co concello de Santiago que supuxo un beneficio económico.[21]
Durante o seu mandato fomentouse[22] en gran medida a festa da filloa de Lestedo[23], que se declarou Festa de Interese Turístico de Galicia[24]. Gacio tamén tratou de manter viva a Feira de Lestedo que se celebra cada dous domingos na localidade de Boqueixón.[25]
Ademais en materia de xuventude deuse prioridade aos programas de intercambio xuvenil[26], cos cales os rapaces de Boqueixón gozaron da oportunidade de viaxar ao estranxeiro e coñecer outras culturas.[27]
Cabe subliñar tamén o seu compromiso pola igualdade social, destacando o programa de prevención da violencia de xénero, que se promoveu dende o concello.[28]
Gacio gozou da simpatía dos emigrantes boqueixonenses en Buenos Aires[29] e Montevideo, organizando diversos actos en ditas cidades.[30]
Por outra parte Gacio mostrouse partidario da unión de concellos[31][32] co obxectivo de reducir gastos nas administracións tendo en conta que entón en Galicia había 313 concellos.[33] Con esta idea na mente promoveu o "Consorcio de Servizos Locais Val do Ulla" integrado polos municipios de Vedra, Touro e Boqueixón.[34]
Predecesor: Secundino Torres Vázquez |
Alcalde de Boqueixón 1991 - 2012 |
Sucesor: Jesús Sanjuás |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.