Acryllium vulturinum
especie de paxaro From Wikipedia, the free encyclopedia
especie de paxaro From Wikipedia, the free encyclopedia
Acryllium vulturinum é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos que habita nas sabanas de África Oriental, dende Tanzania até Etiopía. Non se recoñecen subespecies.[2]
Acryllium vulturinum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar na reserva de Samburu. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Acryllium vulturinum Hardwicke, 1834 |
A Acryllium vulturinum é unha grande ave (61–71 cm) cun cuerpo arredondeado e testa pequena. Ten as ás, pescozo, patas e cola máis longas que outras especies de numídidos. O adulto ten a faciana azul espida e o pescozo negro, e aínda que o resto dos numídidos teñen testas sen plumas, esta especie aseméllase a un voitre polo seu longo e espido pescozo e cabeza. No seu pescozo hai unha capa de pelos de punta longa, brillante, azul e branco. O peito é de cor azul cobalto, e o resto da plumaxe do corpo é negra, salpicado de branco. As ás son curtas e redondeadas, e a cola é máis longa que outros xéneros na familia dos numídidos.
Os sexos son semellantes, aínda que a femia é polo xeral lixeiramente máis pequena que o macho e con esporas tarsais máis pequenas. As aves novas son principalmente de cor agrisada marrón, cun peito azul máis esvaecido e pescozo curto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.