![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fe/Bundesarchiv_Bild_193-04-1-26%252C_Schlachtschiff_Bismarck.jpg/640px-Bundesarchiv_Bild_193-04-1-26%252C_Schlachtschiff_Bismarck.jpg&w=640&q=50)
Acoirazado Bismarck
barco de guerra alemán, un dos máis famosos da Segunda Guerra Mundial / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bismarck foi un acoirazado alemán e un dos barcos de guerra máis famosos da segunda guerra mundial. Era o principal barco da súa clase, e foi chamado así polo chanceler alemán do século XIX Otto von Bismarck. O Bismarck desprazaba máis de 50.000 toneladas totalmente cargado e foi o barco de guerra máis grande encargado no seu tempo.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2012.) |
Bismarck | |
---|---|
![]() O Bismarck en 1940 | |
Historial | ![]() |
Estaleiro | Blohm & Voss, Hamburgo |
Clase | Clase Bismarck |
Tipo | acoirazado |
Autorizado | 16 de novembro de 1935 |
Posta en grella | 1 de xullo de 1936 |
Botado | 14 de febreiro de 1939 |
Asignado | 24 de agosto de 1940 |
Baixa | 27 de maio de 1941 |
Destino | afundido |
Características xerais | |
Desprazamento | 43,000 tm t estándar 53.400 t (máximo) |
Eslora | 251 m |
Manga | 36 m |
Calado | 10,55 m (máximo) |
Blindaxe | ·Cinto: 145–320 mm ·Cuberta acoirazada: 80–120 mm ·Tabique antitorpedo: 45 mm ·Torretas: 130–360 mm ·Barbetas: 220-340 mm ·Torre de mando: 220-360 mm |
Armamento | ·8 canóns de 380/50 mm ·12 canóns de 150/55 mm ·16 canóns AA de 105/65 mm ·16 canóns AA de 37 mm. |
Velocidade | 30,1 nós |
Tripulación | 103 a 108 oficiais e 1.989 a 2.500 suboficiais e mariñeiros |
O Bismarck tomou parte nunha única operación durante a súa breve carreira. Xunto co cruceiro pesado Prinz Eugen deixou Gotenhafen (Gdynia) na mañá do 17 de maio de 1941 para a Operación Rheinübung, durante a cal intentou interceptar e destruír os convois en transito entre Norteamérica e o Reino Unido. Cando o Bismarck e o Prinz Eugen intentaron entrar no Atlántico foron descubertos pola Royal Navy e produciuse a batalla do Estreito de Dinamarca. Durante o curto encontro, o cruceiro de batalla HMS Hood, buque insignia da Home Fleet e orgullo da Royal Navy, foi afundido despois de varios minutos de disparos. En resposta, o primeiro ministro británico Winston Churchill deu a orde "Afundir o Bismarck!", estimulando a súa busca incesante por parte da Royal Navy.
Dous días despois, co Bismarck case ao alcance de augas máis seguras, biplanos Swordfish da Fleet Air Arm lanzados dende o portaavións HMS Ark Royal torpedearon o barco e danaron o seu temón, permitíndolle ás unidades pesadas británicas alcanzalo. Na batalla acaecida na mañá do 27 de maio de 1941, o Bismarck foi fortemente atacado durante dúas horas antes de afundirse. A súa destrución apareceu nas portadas dos xornais de todo o mundo.